O BNG pregunta pola participación do Concello nunha campaña de comercio que exclúe o galego

O BNG pregunta pola participación do Concello nunha campaña de comercio que exclúe o galego

Rafael Vilar cuestiona que o Goberno local non aproveite estas actividades para contribuír á promoción da lingua galega no comercio local

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2014.- O BNG dirixiu unha pregunta ao alcalde de Santiago para saber como se concreta a participación do Concello de Santiago, en colaboración cunha entidade bancaria, na campaña “Creemos en Santiago”, que exclúe a utilización do galego na distribución de diverso material publicitario para dinamizar o comercio de proximidade, “cando a administración local ten o deber de utilizar este idioma na difusión das actividades nas que participa”, explica Rafael Vilar.

O concelleiro nacionalista cuestiona, deste xeito, que o Goberno local non aproveite estas campañas para contribuír á promoción da lingua galega no comercio de proximidade, como determina o Plan Municipal de Normalización Lingüística.

“Empregar o idioma galego neste tipo de actividades contribúe a concienciar sobre a rendibilidade do seu uso en diferentes ámbitos e en todas as franxas de idade, sobre todo cando os últimos datos divulgados alertan da drástica perda de galegofalantes”, sinala Rafael Vilar.

O BNG pregunta pola participación do Concello nunha campaña de comercio que exclúe o galego