O BNG pregunta polo cambio das escaleiras da capela da Pastoriza por mor das obras na Almáciga

O BNG pregunta polo cambio das escaleiras da capela da Pastoriza por mor das obras na Almáciga

A formación nacionalista quere coñecer se esta modificación estaba no proxecto inicial e se existen informes de Patrimonio

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2015.- O portavoz do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, preguntoulle ao grupo de Goberno local pola substitución das escaleiras da capela da Pastoriza, realizada ao abeiro das obras de reurbanización da rúa de Basquiños, no barrio da Almáciga. En concreto, quere coñecer se este cambio estaba no proxecto inicial e se existen informes de Patrimonio.

En concreto, o BNG pregunta polos motivos do cambio de pedra deste podio que dá acceso á igrexa erixida nos anos 1761-62 con fachada de historicismo clasicista e que foi remodelada no segundo cuarto do século XIX. Por planos antigos sábese que no lugar houbo con anterioridade unha ermida.

Así, o grupo municipal do BNG recibiu queixas da veciñanza da zona que quere saber os motivos do cambio da pedra e onde se atopan as históricas escaleiras, que foron cambiadas por outras novas, ao considerar o seu valor patrimonial, ademais do seu destino final.

O BNG pregunta polo cambio das escaleiras da capela da Pastoriza por mor das obras na Almáciga