Jorquera empraza a Feijóo a “dar a cara” e esixir a dimisión dos sete edís encausados

Jorquera empraza a Feijóo a “dar a cara” e esixir a dimisión dos sete edís encausados

O portavoz parlamentar nacionalista asegurou que “a fuxida” forma parte do currículo do Presidente da Xunta ao que sumou o seu desexo por facer méritos en España

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2014. O portavoz do grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera, pediulle ao presidente da Xunta que “dea cara” e deixe de fuxir ante a situación xerada polos sete edís do concello de Compostela acusados de “prevaricación” por prestar asistencia nun caso “claro de corrupción”.

O nacionalista considerou que, máis alá das conclusión da Fiscalía, os encausados recoñeceron ter cometido “un enorme erro político” e en política, explicou, cando se cometen erros graves, “hai que asumir responsabilidades políticas”, non queda outra opción máis que “dimitir por limpeza e hixiene política”.

O BNG empraza a Feijóo a asumir as súas responsabilidades

Jorquera na súa comparecencia, tras a Xunta de portavoces, emprazou a Feijóo a que asuma as súas responsabilidades políticas como Presidente do Partido popular de Galiza e da Xunta para non incumprir o compromiso formulado en sede parlamentar. Debe instar a estas persoas a dimitir inmediatamente, reiterou o deputado.

Por outra parte, tamén acusou ao titular da Xunta de “facer méritos en España”, en alusión a viaxe electoral que está a realizar estes días por diferentes puntos xeográficos do Estado español con propostas como a realizada recentemente a Felipe González para “unha grande coalición” encabezando un grupo de traballo sobre a reforma da sanidade, nós, afirmou, “emprazamos a Feijóo a que en Galiza deixe de deteriorar a Sanidade pública” e que deixe tamén de “dar a fuxida por resposta”.

Jorquera empraza a Feijóo a “dar a cara” e esixir a dimisión dos sete edís encausados