O BNG solicita ampliar, mellorar e modernizar a rede de iluminación pública

O BNG solicita ampliar, mellorar e modernizar a rede de iluminación pública

A iluminación nos espazos públicos é primordial por motivos de seguridade

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2016.- O grupo municipal do BNG de Santiago requírelle ao Goberno local de Compostela Aberta ampliar, mellorar e modernizar a rede de iluminación pública pois “nos últimos tempos é frecuente atoparse con rúas totalmente ás escuras na que a única axuda para transitar son as luces dos coches ou as dos escaparates”.

O BNG presentou unha proposición ao Pleno da Corporación para que o Goberno municipal inste á empresa encargada do mantemento da iluminación pública a mellorar a rede e así evitar as avarías continuas.

A iluminación nos espazos públicos é primordial por motivos de seguridade pois as zonas escuras ou con pouca visibilidade son un factor de risco para a veciñanza.

Faise necesario que o Goberno local elabore un plan para modernizar e tomar as medidas máis oportunas para dar solución a estes problemas en todo o termo municipal o antes posíbel pola seguranza da veciñanza e ademais “porque non se entende que un servizo deficitario supoña un custo tan elevado para as arcas municipais”, sinala Rubén Cela.