• Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Flickr
  • Telegram
  • RSS

BNG de Santiago de Compostela BNG de Santiago de Compostela

Santiago de Compostela
  • Novas
  • Be-Ne-Gá
    • Principios do BNG
    • Estatutos do BNG
    • Consello Nacional
    • Portavoz Nacional
    • Executiva Nacional
  • Afíliate
  • Loxa
BNG de Santiago de Compostela BNG de Santiago de Compostela
Santiago de Compostela
  • Novas
  • Be-Ne-Gá
    • Principios do BNG
    • Estatutos do BNG
    • Consello Nacional
    • Portavoz Nacional
    • Executiva Nacional
  • Afíliate
  • Loxa
Ana Pontón presenta como candidata a Goretti Sanmartín

O BNG elixe a Goretti Sanmartín Rei para revalidar a alcaldía de Santiago en 2027 e continuar “no bo camiño” iniciado no actual mandato

A asemblea do BNG de Compostela decidiu por unanimidade a continuidade de Goretti Sanmartín Rei como candidata Na presentación participou a portavoz nacional, Ana Pontón, para facer pública a decisión
Ler novas
Goretti Sanmartín

O Goberno Municipal aproba os orzamentos para este ano

O pasado xoves 26 de marzo, o Pazo de Raxoi foi testemuña da sesión extraordinaria convocada pola alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín Rei, para debater unha cuestión de confianza ligada á aprobación inicial do orzamento correspondente ao ano 2026. Soamente votaron en contra os membros do PP, mentres que o PSOE manifestou a súa abstención, e así, coa maioría de votos positivos, logrouse que prosperase a cuestión, aprobándose inicialmente os orzamentos.   A sesión extraordinaria tivo que ser convocada despois de que a oposición frustrara o día anterior a aprobación inicial dos orzamentos. Por ese motivo e polo ben da cidade, cumpría que o goberno tomase unha decisión, acolléndose ao artigo 197 bis da Lei orgánica 5/1985, do réxime electoral xeral, para vincular a aprobación do proxecto de orzamentos de 2026 a unha cuestión de confianza.
Ler novas
Concelleiras do BNG de Compostela xunto á alcaldesa

O BNG celebra dous anos de goberno transformador

Goretti Sanmartín, alcaldesa de Santiago: “Dous anos de traballo e ilusión” O BNG de Santiago de Compostela celebra este 28 de maio o segundo aniversario do resultado electoral que levou a acadar a alcaldía da cidade
Ler novas
Imaxe Orzamentos

BNG destina os orzamentos municipais a mellorar o benestar social e a vivenda

Con máis de 146 millóns de euros, serán os máis altos da historia e non prevén incremento de impostos.
Ler novas
Goretti Sanmartín e Iago Lestegas na rolda de prensa sobre a Parcela de Peleteiro

O goberno compostelán logra acordo coa SAREB para a parcela do antigo Peleteiro

Goretti Sanmartín: "É unha magnífica noticia para o conxunto da veciñanza de Santiago" neste "espazo no corazón do Ensanche que todo o mundo quere ver completado e que empece a súa transformación".   Iago Lestegás: "Conseguimos introducir unha reserva moi significativa de vivenda protexida no corazón da cidade".
Ler novas
Renovación CL BNG 2025

O BNG de Compostela elixe en asemblea o seu novo Consello

Xan Fernández Vello renova o seu cargo como responsábel local
Ler novas
100 días do Goberno local de Santiago de Compostela

Medidas impulsadas nos primeiros 100 días de goberno en Santiago de Compostela

Os obxectivos son claros e públicos: mellorar a calidade de vida da veciñanza, con diálogo e eficacia, para conseguirmos unha Compostela viva, igualitaria, diversa e sustentábel.
Ler novas
Celebración na praza do Obradoiro

Goretti Sanmartín convértese na primeira alcaldesa de Santiago de Compostela

A cabeza de lista do BNG toma posesión do cargo de alcaldesa na sesión de constitución da nova Corporación municipal 2023-2027 ao conseguir a maioría dos votos da Corporación
Ler novas
Goretti Sanmartín na noite electoral do 28M

Goretti Sanmartín: “Dirixímonos a toda a veciñanza para abrir un novo tempo transformador e de esperanza en Santiago de Compostela”

Asume a responsabilidade da Alcaldía de Santiago neste cambio de ciclo “con toda a humildade e con toda a enerxía”
Ler novas
Mitin Santiago

Ana Pontón: “Santiago vai facer historia con Goretti Sanmartín como primeira alcaldesa desta cidade”

Goretti Sanmartín: “Desenvolveremos unha acción de goberno para construír un  Santiago de Compostela en grande”
Ler novas
Inicio de campaña BNG

[Apertura de campaña do BNG] Ana Pontón: “Galiza precisa máis BNG nos concellos”

Proclama que o BNG ten un modelo municipal de éxito para todos os concellos do País e augura un resultado histórico na cita electoral do 28M
Ler novas
Presentación da candidatura do BNG de Santiago

Ana Pontón: “Santiago fará historia o 28M con Goretti Sanmartín como a primeira alcaldesa da cidade”

“Santiago merece moito máis: ilusión, ideas novas e ganas de cambiar as cousas”, proclama a candidata, afirmando que hai dúas opcións de cambio, “O PP ou o verdadeiro cambio transformador que representa o BNG”
Ler novas
Candidatura do BNG de Santiago para o 28M

Goretti Sanmartín: “Temos un equipo preparado para gobernar porque Santiago precisa un cambio transformador liderado polo BNG”

Presenta a listaxe aprobada en asemblea para desenvolver “un proxecto que pon no centro as persoas que viven e traballan en Compostela”
Ler novas
Candidatura do BNG de Santiago, primeiro tramo

Ana Pontón: “Goretti Sanmartín será a primeira alcaldesa de Santiago e o BNG obterá un resultado histórico no 28M”

“Con este equipo, o BNG liderará un goberno cun proxecto transformador na capital de Galiza”, afirma a candidata Goretti Sanmartín
Ler novas
Saleta Chao

O BNG leva ao Parlamento a creación dun centro de saúde na zona do Restollal

15 abr.
Saleta Chao defende unha vella demanda veciñal para a que a Xunta de Rueda non ten contemplada ningunha partida nos orzamentos de  2026
Ler novas
parlamento orzamentos
Cartaz A Falacia da Imposicion Linguistica do Galego

Acto: A Falacia da Imposición Lingüística do Galego

BNG de Santiago 07 maio
Elsa Quintas e Sol Agra mantiveron un interesante coloquio, dirixido por Carme Vidal, sobre a realidade do galego ante a imposición do castelán, este día 6 de maio na Casa das Máquinas.
Ler novas
galego lingua
NP Conxunta SOS SANIDADE

BNG presenta, xunto a CA e GMS, apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

BNG de Santiago 20 mar.
Trátase dunha moción conxunta, que será levada ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galiza, o próximo 6 de abril do 2025.
Ler novas
municipal mobilizacións

Ana Pontón pide aglutinar en Goretti Sanmartín todo o voto das persoas que queren cambio en Santiago “votasen o que votasen antes”

BNG de Santiago 26/maio/2023

O BNG comeza o proceso de negociación para conformar un Goberno “amplo, estábel e sólido” que comece a traballar o 18 de xuño con Goretti Sanmartín como primeira alcaldesa de Santiago

BNG de Santiago 30/maio/2023
#AltriNon

O Pleno de Santiago debaterá unha moción sobre o rexeitamento ao proxecto da fábrica de celulosa Altri

BNG de Santiago 19 abr.
BNG e CA rexistraron unha moción conxunta para solicitarlle á Xunta que emita un informe negativo a ese proxecto industrial contaminante pola súa afectación ambiental, patrimonial e económica
Ler novas
pleno ambiente
Palestina

O BNG organiza un acto sobre o xenocidio en Palestina e os 75 anos da OTAN este mércores no centro sociocultural de Conxo

BNG de Santiago 14 maio
Intervirán Goretti Sanmartín, Neal Baxter e Bieito Lobeira
Ler novas
palestina OTAN
Xan Bello e Míriam Louzao

O BNG valora satisfactoriamente os apoios recibidos en Santiago porque é a única forza que sobe nas eleccións galegas

BNG de Santiago 21 feb.
O responsábel local agradece a implicación das persoas que participaron nesta campaña coa que se conseguiron 20.848 votos en Santiago (36,98%)
Ler novas
bng eleccións

Goretti Sanmartín: “O BNG consegue 14 millóns de euros de investimentos para Santiago no acordo de investidura co PSOE”

BNG de Santiago 09/nov./2023

Goretti Sanmartín: “A liña en que traballa o BNG é para conseguir un Goberno amplo e estábel en que participe o PSOE, ademais de CA”

BNG de Santiago 08/xuño/2023
Acto público

O BNG organiza un acto informativo sobre os efectos da fábrica de celulosa de Altri

29 abr.
Intervirán Goretti Sanmartín, Froilán Pallín, Iria Carreira e Ana Miranda
Ler novas
ambiente
BNG

O BNG logra unha suba do 30% para a rehabilitación da cidade histórica no principio de acordo para a investidura de Sánchez

BNG de Santiago 05 nov.
Na comisión negociadora estiveron o deputado Néstor Rego, a senadora Carme da Silva e Rubén Cela como representantes da Executiva do BNG
Ler novas
investidura

Moción conxunta para reclamarlle á Xunta que cumpra con Santiago e resolva o caos de tráfico e de falta de aparcadoiro no CHUS

BNG de Santiago 23/nov./2023

Míriam Louzao: “É o momento de que a Xunta aposte por Santiago e acepte as emendas que rexistrou o BNG aos Orzamentos da Xunta”

BNG de Santiago 13/dec./2023
Míriam Louzao Fernández

Apróbase a moción conxunta de BNG, CA e PSOE para apoiar a manifestación en defensa da sanidade do próximo domingo

BNG de Santiago 29 xan.
A portavoz municipal do BNG, Míriam Louzao, lembra que hai case 10.000 persoas esperando por unha cirurxía na área sanitaria Santiago-O Barbanza segundo os últimos datos publicados
Ler novas
pleno sanidade
Noite electoral do 18F

O BNG consegue en Santiago 20.848 votos nas eleccións galegas 2024

BNG de Santiago 19 feb.
É a única forza política que sobe en porcentaxe e obtén un 36,98%
Ler novas
eleccións

Xan Fernández Bello será o novo responsábel local do BNG de Santiago de Compostela

BNG de Santiago 18/out./2023

O BNG convoca un acto público no Castiñeiriño con Goretti Sanmartín, Suso de Toro e Iria Carreira

BNG de Santiago 29/xan./2024
Acto acordo de investidura

Ana Pontón, Goretti Sanmartín e Néstor Rego participan este mércores nun acto para presentar os acordos do pacto de investidura

BNG de Santiago 28 nov.
O evento, aberto ao público, será ás 19.00h no Hotel Compostela
Ler novas
acordo investidura
Santiago de Compostela

Sobre os bulos do PP sobre a legalización 1.000 vivendas de uso turístico

29 ago.
O portavoz do PP mentiu en rolda de prensa sobre os compromisos do Goberlo local en relación á situación das Vivendas de Uso Turístico (VUT). É falso que o Goberno local se comprometese a legalizar 1.000 vivendas de uso turístico, como poden...
Ler novas
turismo
Campaña de comercio do BNG

O BNG leva aos comercios composteláns a campaña “Mellor local, mellor galego” para animar as compras de Nadal

BNG de Santiago 16 dec.
Fixo un percorrido por numerosos estabelecementos para informar das propostas do BNG para favorecer o comercio de proximidade
Ler novas
comercio
Xornada na EGAP

Goretti Sanmartín anuncia o compromiso de elaborar os Orzamentos municipais con perspectiva de xénero para promover a igualdade

BNG de Santiago 22 xuño
O Goberno local reforzará o servizo do Centro de Información ás Mulleres (CIM) e activará o Consello Municipal das Mulleres para facilitar a participación do asociacionismo
Ler novas
concello igualdade
Luis Zahera

O actor Luis Zahera traslada o apoio ao BNG para que Goretti Sanmartín se converta “na alcaldesa que lle pode dar unha volta ao Concello de Santiago”

BNG de Santiago 21 maio
“O meu corazón é compostelán e quero mostrar o meu apoio ao BNG”, afirma
Ler novas
campaña luis zahera
Acto BNG Ánxel Casal 2023

Ofrenda floral do BNG de Santiago a Ánxel Casal

BNG de Santiago 01 set.
Na ofrenda floral do BNG de Santiago ao ex-alcalde nacionalista Ánxel Casal, asasinado o 19 de agosto de 1936 a mans do franquismo 
Ler novas
bng ánxel casal
Goretti Sanmartín e María Rozas

Comezan as negociacións para conformar un goberno transformador liderado polo BNG en Santiago de Compostela “que é o mandato que a poboación expresou nas urnas”

BNG de Santiago 07 xuño
Goretti Sanmartín agradece a vontade de diálogo de CA para o pacto de goberno
Ler novas
goberno transformador
Goretti Sanmartín Rei

O BNG cuestiona que o contrato de autobuses saia “coa convocatoria de eleccións, con opacidade e sen consenso das liñas e frecuencias”

BNG de Santiago 17 abr.
Quere unha cidade e un rural ben comunicados porque un bo sistema de transporte público fomenta a igualdade e a cohesión do territorio  
Ler novas
transporte
Iria Carreira. Abandono infrestruturas sanitarias

O BNG denuncia o mal estado dos hospitais de Santiago Gil Casares e Conxo, onde tres teitos se derrubaron xa este ano

BNG de Santiago 20 out.
Iria Carreira critica o “desleixo e abandono” que sofren centros sanitarios de todo o País e advirte da repercusión que iso ten na atención a pacientes
Ler novas
parlamento sanidade
Alfonso Rueda e Goretti Sanmartín

Rueda confírmalle á alcaldesa que autorizará unha taxa turística específica para Santiago, o incremento da partida para a Capitalidade e a construción de vivenda pública

03 out.
Primeira reunión institucional entre a alcaldesa e o presidente da Xunta
Ler novas
institucional
Goretti Sanmartín recibe Ana Pontón

Goretti Sanmartín: "Traballaremos estes catro anos para que este proxecto transformador para Santiago de Compostela sexa unha realidade"

BNG de Santiago 21 set.
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, recibe a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón
Ler novas
concello
Goretti Sanmartín vota na Facultade de Filosofía

Goretti Sanmartín fai un chamamento a votar “para determinar o futuro que queremos mellor para Santiago e para o noso país”

BNG de Santiago 23 xul.
A alcaldesa recoñeceu o traballo das persoas que participan na organización deste proceso electoral
Ler novas
eleccións xerais
Declaracións aos medios de Ana Miranda e Goretti Sanmartín no décimo aniversario do accidente de Angrois

Representantes do BNG acompañan as vítimas do Alvia no décimo aniversario do accidente de Angrois

BNG de Santiago 24 xul.
Goretti Sanmartín, Ana Miranda, Míriam Louzao, Xesús Domínguez e Pilar Lueiro participaron no acto para reclamar xustiza
Ler novas
alvia
Néstor Rego e Goretti Sanmartín

Néstor Rego: “Comprometémos a ser a voz da cidadanía de Santiago de Compostela no Congreso”

BNG de Santiago 05 xul.
O candidato do BNG ao Congreso mantivo un encontro con Goretti Sanmartín para analizar as prioridades de Santiago na próxima lexislatura
Ler novas
eleccións néstor rego
Autobús urbano

O goberno local estudará de urxencia as posibilidades para atopar unha solución que mellore o servizo de autobuses urbanos

BNG de Santiago 01 xul.
Considera que os recursos do contrato do transporte evidencian a ineficacia do PSOE para realizar os pregos
Ler novas
mobilidade
Acordo de goberno BNG e CA

BNG e CA asinan as  bases do acordo do Goberno transformador para o Concello de Santiago de Compostela 2023-2027

BNG de Santiago 16 xuño
Rexerase polos principios de cohesión, eficacia, lealdade e transparencia, en diálogo co tecido social e asociativo que será partícipe das decisións estratéxicas para incrementar a calidade de vida da veciñanza
Ler novas
acordo 28M
Interior do Hospital Gil Casares

O BNG traslada ao Parlamento a necesidade de rehabilitar de urxencia o Hospital Gil Casares, en Santiago de Compostela

BNG de Santiago 12 xul.
Resulta evidente o abandono deste centro por parte da Xunta e da Xerencia do Sergas 
Ler novas
parlamento sanidade
Visita ao CITIUS, co persoal investigador do proxecto Nós para a aplicación da IA en lingua galega

Visita ao CITIUS

BNG de Santiago 30 xuño
A  alcaldesa Goretti Sanmartín participou na Xornada de Demostración de Tecnoloxías Inside The Lab
Ler novas
investigación usc
Reunión BNG-PSOE do pasado 8 de xuño de 2023

Goretti Sanmartín: “Temos un equipo de goberno sólido que marcará un cambio de rumbo para transformar a capital galega”

BNG de Santiago 13 xuño
Na reunión de negociación co PSOE informaron de que, de momento, non entrará no goberno que presidirá o BNG en Santiago de Compostela
Ler novas
goberno transformador
Negociación do BNG e do PSOE

Goretti Sanmartín liderará un Goberno transformador a partir do 18 de xuño en Santiago de Compostela

BNG de Santiago 01 xuño
Na primeira reunión de negociación, o PSOE demostra a vontade de facilitar a Alcaldía para a lista máis votada da esquerda, que é o BNG
Ler novas
28M gobernotransformador
Reunión con tecido empresarial e comercial

Goretti Sanmartín mantén un almorzo con máis de 25 empresarios/as para presentar as medidas de impulso económico para o 28M

BNG de Santiago 24 maio
Anuncia a creación das oficinas de captación de investimentos industriais e de captación de fondos europeos “para manter unha maior colaboración entre a iniciativa pública e privada”
Ler novas
economía
Votación de Goretti Sanmartín

Goretti Sanmartín anima a veciñanza a votar "porque ten o poder de decidir quen será alcalde ou alcaldesa"

BNG de Santiago 28 maio
A candidata do BNG votou na Facultade Filosofía, acompañada de Ana Pontón
Ler novas
28M
Encontro BNG-CA

O BNG conta co apoio de PSOE e CA para a investidura de Goretti Sanmartín como primeira alcaldesa de Santiago de Compostela

BNG de Santiago 02 xuño
“A cidadanía foi a que nos pediu que entrásemos en consenso, a partir dun bloque maioritario de esquerdas, e temos que responder a esas expectativas”, afirma Goretti Sanmartín
Ler novas
28M goberno transformador
Corazón

Lembramos que podes consultar aquí o noso programa electoral

BNG de Santiago 25 maio
Programa de goberno do BNG de Santiago 2023
Ler novas
programa
Reunión do traspaso de poderes

Xosé Sánchez Bugallo e Goretti Sanmartín presiden a xuntanza para o traspaso de poderes

BNG de Santiago 13 xuño
Reunión dos dous equipos no Salón Verde
Ler novas
traspaso de poderes
Saleta Chao e Goretti Sanmartín

Goretti Sanmartín: “A mellor aposta polo deporte é potenciar un cambio de mobilidade”

BNG de Santiago 19 maio
O BNG comprométese a partir do 28M a pagar en tempo as axudas para as entidades deportivas e culturais para poderen desenvolver as súas actividades
Ler novas
deportes
BNG

O BNG advirte da manipulación da CRTVG e do PP ao cancelar o debate electoral de Santiago

BNG de Santiago 22 maio
Presentará unha denuncia ante a Xunta Electoral Provincial por dicir a TVG en directo que o debate non se realizou porque só confirmou o candidato do PP, cando Borja Verea participou no debate da SER á mesma hora
Ler novas
campaña crtvg
Almorzo na xornada de reflexión

Pontón fai un chamamento á cidadanía galega a participar activamente o 28 M para elixir os mellores gobernos

BNG de Santiago 27 maio
Goretti Sanmartín destaca a importancia do voto para decidir "o mellor goberno para Santiago de Compostela a partir do 28 de maio"
Ler novas
28M
Presentación dos eixos de goberno do BNG na Alcaldía despois do 28M

Goretti Sanmartín: “É o momento do BNG e imos ter un resultado histórico en Santiago de Compostela”

BNG de Santiago 25 maio
Presentou as medidas para o primeiro ano de goberno despois do 28M co BNG na Alcaldía
Ler novas
28M
Presentación "O mundo é aquí"

O BNG presenta o modelo de transformación urbana de Santiago “para situar as persoas no centro”

BNG de Santiago 12 maio
Será prioridade o impulso dun concello sustentábel, proactivo na loita contra o cambio climático e que favoreza a cohesión territorial
Ler novas
ambiente urbanismo
Goretti Sanmartín

Goretti Sanmartín: “O sector cultural aínda non cobrou as axudas de 2022, o que evidencia unha pésima forma de xestionar do PSOE”

BNG de Santiago 29 mar.
Son máis de 400.000 euros que adiantaron tanto as asociacións como profesionais da cultura e están pendentes de recibir do Concello
Ler novas
pleno cultura
Roteiro

Goretti Sanmartín: “Queremos conseguir un concello que avance en sustentabilidade, con dinamismo económico, social e cultural”

BNG de Santiago 20 maio
O BNG organiza un 'roteiro mitineiro', guiado por Míriam Louzao e Iago Lestegás, para dar a coñecer as principais medidas para a transformación urbana que vai impulsar a partir do 28M
Ler novas
roteiro campaña
Goretti Sanmartín

Goretti Sanmartín abrirá as portas do Concello á participación social

BNG de Santiago 15 maio
“Para o BNG é fundamental fomentar e apoiar o asociacionismo”, explica
Ler novas
campaña participación social
Ana Pontón e Goretti Sanmartín

Ana Pontón pide facer historia concentrando en Goretti Sanmartín todo o voto das persoas que queren un cambio real en Santiago

BNG de Santiago 16 maio
Ou un alcalde do PP ou unha alcaldesa do BNG, recalcou, pedindo o apoio da cidadanía que xa votou Bloque nas pasadas eleccións galegas
Ler novas
turismo eleccións
Goretti Sanmartín e Míriam Louzao

Goretti Sanmartín promoverá un plan anual de actividades de conciliación a partir do próximo curso escolar

BNG de Santiago 22 maio
O BNG aposta pola igualdade e polo coidado das persoas con medidas transversais na actividade municipal dirixida ás familias
Ler novas
campaña eleccións
Corazón

Convidámoste ao mitin central do BNG en Santiago

BNG de Santiago 22 maio
Será este martes ás 20.30 na praza de Cervantes
Ler novas
mitin campaña
Fernando Lacaci

Os comedores escolares non se improvisan, nin en Compostela nin en ningures, sr. Verea

BNG de Santiago 03 maio
Artigo de Fernando Lacaci, da candidatura do BNG de Santiago
Ler novas
ensino comedores-escolares
Debate LGBT

O BNG impulsará un servizo de asesoramento, orientación laboral e apoio LGBT en Compostela

BNG de Santiago 11 maio
Comprométese a apoiar, fomentar e dinamizar o asociacionismo LGBT
Ler novas
lgbti igualdade
Reunión en Fecha

O BNG reclama a recuperación para a xestión pública da central hidroeléctrica de Fecha, que ten a concesión caducada

BNG de Santiago 07 maio
Goretti Sanmartín mantivo un encontro coa veciñanza de Santa Cristina e de San Xoán de Fecha para coñecer as necesidades veciñais
Ler novas
ambiente fecha
Goretti Sanmartín e Néstor Rego

O BNG promove a cesión da parcela de Peleteiro para destinala a vivenda pública e dotacións para a veciñanza

BNG de Santiago 05 maio
Reclama ao Goberno do Estado actuacións para que a SAREB ceda a propiedade ao Concello
Ler novas
congreso vivenda
Ao inicio da manifestación de Queremos Galego

Goretti Sanmartín anuncia a creación dun Centro da Lingua Galega e medidas para potenciar o seu uso en todos os ámbitos

BNG de Santiago 17 maio
Desenvolverá programas de galeguización de actividades sociais, no ámbito familiar, no deporte e no comercio
Ler novas
lingua
Rexistro da propiedade

O BNG presenta a documentación que acredita que a parcela de Peleteiro é da SAREB e pode cederse ao Concello de Santiago

BNG de Santiago 09 maio
“Xa abonda de sementar dúbidas por parte do PSOE e esixímoslle que se poñan a traballar para conseguilo”, sinala Goretti Sanmartín
Ler novas
urbanismo peleteiro
Acto cultura

Goretti Sanmartín: “A proxección da cultura será un eixo fundamental co BNG na Alcaldía de Santiago”

BNG de Santiago 13 maio
Nun acto ante máis de 50 representantes do sector cultural compostelán participaron tamén Míriam Louzao e Xavier Castro, da candidatura
Ler novas
cultura campaña
Visita a Cogami

Goretti Sanmartín: “Conseguiremos que a mellora da accesibilidade sexa unha prioridade no próximo goberno de Santiago”

BNG de Santiago 15 maio
Defenderá a reserva de solo industrial nos polígonos para a instalación de centros especiais de emprego e de empresas de economía social para favorecer a creación de emprego das persoas con diversidades funcionais
Ler novas
accesibilidade campaña
Corazón

O BNG lanza nas redes sociais un avance do videoclip de campaña coa motivación da chegada dun tempo para Santiago de Compostela

BNG de Santiago 08 maio
A canción, que se pode ver nas redes sociais do BNG de Santiago de Compostela, introduce o lema ‘Santiago merece máis’
Ler novas
campaña
Reunión coa Asociación de Executivas Galegas

Goretti Sanmartín mantén un encontro coa directiva da Asociación de Executivas de Galiza para avanzar na igualdade

BNG de Santiago 08 maio
Contrastaron medidas para favorecer a presenza de mulleres no ámbito empresarial
Ler novas
igualdade
Reunión co SAF

Goretti Sanmartín reclama que o alcalde “non se poña de costas nin de perfil” ante as convocatorias de folga de Urbaser e do SAF

BNG de Santiago 03 maio
O BNG mantivo encontros con representantes do comité de empresa de Urbaser e persoal do SAF que trasladaron os incumprimentos destas empresas concesionarias
Ler novas
servizos residuos
Goretti Sanmartin

Goretti Sanmartín: “Co BNG no goberno conseguiremos que Santiago volva ser vangarda e referente cultural”

BNG de Santiago 27 abr.
A Xunta debe dotar de orzamento o Conservatorio de Danza se o PP quere ter credibilidade
Ler novas
cultura
Goretti Sanmartín

Goretti Sanmartín: “O BNG defende a taxa turística cun estudo detallado para sufragar os gastos de limpeza, xardíns, recuperación de edificios e patrimonio”

BNG de Santiago 26 abr.
O anuncio da taxa turística por parte do alcalde é unha medida “improvisada e electoralista”
Ler novas
turismo
Convite

O BNG proxecta este mércores a película Frankenstein 04155 sobre o accidente do Alvia

BNG de Santiago 10 abr.
Neste décimo aniversario quere reclamar xustiza para as vítimas, identificar as responsabilidades e recoñecer a solidariedade da veciñanza de Angrois que axudou naqueles momentos do sinistro
Ler novas
angrois alvia

Conclúe a prórroga do servizo do aparcamento da ORA sen cambiar o modelo de xestión nin de contrato

Abre a campaña en Santiago "cunha mensaxe de orgullo para comezar un tempo novo para Galiza"

Máis de 50 persoas participaron na tradicional pegada de carteis
Outras novas

Esixímoslle ao alcalde que rectifique os 1.000 euros de fianza para a homenaxe a Castelao e Rosalía

alcalde homenaxe
Compartir
BNG de Santiago de Compostela
Seccións
  • Inicio
  • Afíliate
Contacto

Bloque Nacionalista Galego

Rúa do Home Santo, 54 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981554167
Correo: compostela@bng.gal

Opennemas.com CMS para periódicos digitales