IGUALDADE
Goretti Sanmartín mantén un encontro coa directiva da Asociación de Executivas de Galiza para avanzar na igualdade
Contrastaron medidas para favorecer a presenza de mulleres no ámbito empresarial
Santiago de Compostela, 8 de maio de 2023.- A candidata do BNG á Alcaldía, Goretti Sanmartín, acompañada de Concha de la Fuente, mantivo un encontro coa directiva da Asociación de Executivas de Galiza para contrastar medidas para avanzar na igualdade das mulleres no ámbito empresarial.
Este colectivo, que ten 300 persoas asociadas, mantén actualizada unha axenda de 450 mulleres referentes nos seus ámbitos empresariais para daren a coñecer o seu labor e faceren visíbel o seu traballo. Reclaman o incremento de mulleres nas direccións de empresas e loitan contra as discriminacións de xénero no ámbito laboral.
O candidata do BNG comprometeuse á colaboración na realización de obradoiros para dar propostas de referentes a estudantes para que na súa escolla non inflúan condicionantes de xénero, mediante o programa de educación nos centros de ensino de cuarto da ESO e bacharelato. Ademais entende que o Foro de Corresponsabilidade estaría ben que fose sempre en Santiago, con participación económica do Concello.