ELECCIÓNS

O BNG organiza un acto público este xoves nas Fontiñas para presentar as propostas que trasladará Ana Miranda no Parlamento europeo

Acto en Santiago
Acto en Santiago
Intervirán Goretti Sanmartín, Iria Carreira e Bieito Lobeira
O BNG organiza un acto público este xoves nas Fontiñas para presentar as propostas que trasladará Ana Miranda no Parlamento europeo

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2024.- O BNG de Santiago organiza un acto aberto ao público este xoves ás 20.00h no centro sociocultural das Fontiñas, enmarcado na campaña das eleccións europeas, para presentar as propostas que trasladará a candidata Ana Miranda ao Europarlamento.

Neste encontro intervirán Goretti Sanmartín, a deputada Iria Carreira e o candidato Bieito Lobeira, que explicarán o labor desenvolvido por Ana Miranda en Bruxelas na defensa do país, para pedir o apoio na cita coas urnas do 9 de xuño e reafirmar o compromiso do BNG coa defensa dos sectores produtivos, dos servizos públicos, das infraestruturas, do feminismo, da mocidade e do ecoloxismo.

Así, o BNG comprométese a trasladar os temas de país ao Parlamento europeo e a defender diante das institucións o fomento do transporte público na conexión por estrada e ferrocarril do Corredor Atlántico, ademais de advertir de problemas ecolóxicos como veu facendo nos últimos anos na Eurocámara coa megaminaría contaminante, os incendios, a eucaliptización, os megaproxectos eólicos e a contaminación de rías e ríos.

Para iso, é necesario apoiar o BNG para siga a ser “a voz galega en Europa” e que Ana Miranda defenda ante a Unión Europea os intereses de galegos e galegas, coa idea de construír unha Europa dos pobos e das persoas, dos dereitos sociais e da xustiza social, cunha aposta polo respecto e pola paz nas relacións internacionais.

O BNG organiza un acto público este xoves nas Fontiñas para presentar as propostas que trasladará Ana Miranda no Parlamento europeo