28M

Míriam Louzao Fernández

Míriam Louzao Fernández
Míriam Louzao Fernández
Candidatura BNG 28M
Míriam Louzao Fernández
Presentámosvos ás persoas que integran a candidatura do BNG de Santiago de Compostela ás eleccións municipais de 2023

2. Míriam Louzao Fernández
Nacida en Santiago de Compostela, ten 39 anos e é nai de dous nenos. Veciña do barrio de San Lázaro, é licenciada en Xornalismo e en Comunicación Audiovisual pola USC e traballa desde hai 12 anos como responsábel de comunicación no Auditorio de Galicia, organismo que xestiona o departamento de Cultura do Concello de Santiago.

Con anterioridade foi a responsábel de comunicación do grupo municipal do BNG, durante 5 anos, e formou parte de diversos órganos locais e comarcais do BNG, organización na que milita desde hai 20 anos.

Estivo na directiva da ANPA e no Consello Escolar do Monte dos Postes e foi a representante dos pais e nais da Escola Infantil Municipal das Fontiñas. Tamén foi integrante da directiva de asociacións culturais.
Míriam Louzao Fernández