28M
Iago Lestegás Tizón
Candidatura BNG 28M
Presentámosvos ás persoas que integran a candidatura do BNG de Santiago de Compostela ás eleccións municipais de 2023
6. Iago Lestegás Tizón
Naceu en Lugo en 1987 e vive en Compostela dende 2016. É veciño do barrio dos Basquiños, arquitecto e doutor en rexeneración urbana e desenvolvemento económico. Traballa no sector privado no ámbito do urbanismo e a ordenación territorial. Foi investigador na USC e consultor internacional de I+D+i.
Ten experiencia na redacción de planeamento urbanístico, no deseño de espazo público e na elaboración de estratexias de desenvolvemento urbano sostible. Durante 8 anos estudou as problemáticas actuais dos centros históricos e especialmente os impactos da turistificación sobre a vivenda, o comercio e a calidade de vida das comunidades locais.
Contribúe á preservación do noso patrimonio cultural inmaterial participando no tecido asociativo ligado á música e ao baile tradicionais. En 2014 participou na candidatura do BNG ás eleccións ao Parlamento Europeo.