CONSELLO LOCAL

O BNG de Compostela elixe en asemblea o seu novo Consello

Renovación CL BNG 2025
Integrantes do novo Consello Local
Xan Fernández Vello renova o seu cargo como responsábel local
O BNG de Compostela elixe en asemblea o seu novo Consello

O proceso de renovación orgánica do BNG, iniciado o día 1 de decembro coa elección do seu novo Consello Nacional, esténdese ás comarcas e ás localidades. No caso da asemblea de Compostela, a militancia elixiu na noite deste luns 27 de xaneiro as vinte e tres persoas do seu novo Consello Local ás que se engadirá a representante que designe Galiza Nova. Validouse, así, a única lista presentada, encabezada por Xan Fernández Vello, que repite como responsábel local.

Na lista tamén se inclúe, como Vicerresponsábel local, a figura de Lucía Veciño, secretaria da Fundación Galiza Sempre e coordinadora da comisión encargada do Festigal. Destacan ao mesmo tempo integrantes de Galiza Nova. Por outra banda, sobresaen nomes históricamente ligados na nosa cidade aos movementos sindicais, sociais e de defensa da lingua así como compoñentes do movemento feminista, LGBT e estudantil.

A lista mestura continuidade, experiencia e renovación, mantendo no organismo de decisión da localidade os nomes de persoas que forman parte do Grupo Municipal. Do mesmo xeito, busca manter un contacto directo co tecido asociativo da cidade.

Desde a asemblea tamén se fixo balance do traballo desenvolvido polo Consello Local saínte. Un período marcado por catro procesos electorais, entre os que destacan os bos resultados obtidos polo BNG en todos eles e valorando especialmente a consecución da alcaldía de Compostela.

O Consello local de Santiago está integrado por Xan Fernández Vello, (responsábel local), Lucía Veciño Souto (vicerresponsábel local), Anxo Álvarez Amado, Concha de la Fuente Pérez, Lois Calvelo Rozas, Mercedes Espiño Amil, Antón Cebei Giadás, Sara Fernández Murados, Manuel César Vila, Sandra López Corral, Manuel Da Cal Vázquez, Miriam Louzao Fernández, Xesús Domínguez Domínguez, Pilar Lueiro García, Lois E. Froiz Casal, Iria Méndez de la Peña, Alexandre Garrido López, Iria Nande Fernández, Iago Lestegás Tizón, Marga Otero González, Xosé Manuel Marcote Baña, Goretti Sanmartín Rei e Adrián Picón Iglesias.

Renovación CL 2025
Imaxe da Asemblea
O BNG de Compostela elixe en asemblea o seu novo Consello