CULTURA

Goretti Sanmartín: “O sector cultural aínda non cobrou as axudas de 2022, o que evidencia unha pésima forma de xestionar do PSOE”

Goretti Sanmartín
Goretti Sanmartín

Son máis de 400.000 euros que adiantaron tanto as asociacións como profesionais da cultura e están pendentes de recibir do Concello

Goretti Sanmartín: “O sector cultural aínda non cobrou as axudas de 2022, o que evidencia unha pésima forma de xestionar do PSOE”

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2023.- A portavoz municipal Goretti Sanmartín advirte de que as axudas de cultura correspondentes ás actividades desenvolvidas en 2022 seguen pendentes de pagar ás asociacións e profesionais. Lembra que bases prevían un anticipo do 80% do importe concedido e que o 20% restante que sería abonado logo da xustificación “mais non cobraron nin unha nin outra, o que evidencia a pésima forma de xestionar e un engano para quen adiantou ese diñeiro para realizar espectáculos artísticos e culturais”.

En total, son máis de 400.000 euros de axudas que tanto as asociacións como profesionais deste sector están pendentes de recibir desde que rematou o prazo de xustificación a 31 de xaneiro de 2023.

“O BNG está a recibir queixas de que, a finais de marzo, aínda non cobraron estas axudas, nin o anticipo nin a segunda parte, co prexuízo que causa ter que adiantar fondos, ademais do traballo realizado e do tempo investido para contribuír á dinamización cultural en Santiago de Compostela”, explicou..

Deste xeito, o BNG preguntará no Pleno en que prazo ten previsto o Goberno local entregar a totalidade do importes destas axudas ás asociacións e ao sector profesional cultural correspondentes ás actividades desenvolvidas en 2022.

 

Goretti Sanmartín: “O sector cultural aínda non cobrou as axudas de 2022, o que evidencia unha pésima forma de xestionar do PSOE”