ELECCIÓNS
O BNG convoca un acto público no Castiñeiriño con Goretti Sanmartín, Suso de Toro e Iria Carreira
Estas eleccións constitúen un momento decisivo na historia coa oportunidade de situar Ana Pontón na Presidencia da Xunta
Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2024.- O Bloque Nacionalista Galego, no marco da precampaña das eleccións galegas do 18 de febreiro, que presenta Ana Pontón como candidata á Presidencia da Xunta, organiza un acto público este martes 30 de xaneiro ás 20.00h no centro sociocultural do Castiñeiriño coa participación de Goretti Sanmartín e de integrantes da lista como o escritor Suso de Toro e a deputada Iria Carreira.
Neste acto presentarán as propostas do programa do BNG para o Goberno da Xunta para darlle resposta á maioría social que quere cambio e ve no BNG a alternativa real para conseguilo. Este é o momento do BNG, porque é a forza do cambio útil para Galiza, representa a esperanza e a ilusión para todas as persoas que queren abrir un tempo novo.
Estas eleccións constitúen un momento decisivo na historia coa oportunidade de situar Galiza no lugar que lle corresponde da man dun goberno liderado polo BNG, para o que se fai un chamamento á mobilización masiva e a concentrar en Ana Pontón todo o apoio ao cambio como única alternativa para derrotar o PP.