ELECCIÓNS GALEGAS

O BNG abre a campaña en Santiago de Compostela "cunha mensaxe de orgullo para comezar un tempo novo para Galiza"

Máis de 50 persoas participaron na tradicional pegada de carteis

O BNG abre a campaña en Santiago de Compostela "cunha mensaxe de orgullo para comezar un tempo novo para Galiza"
A campaña das eleccións galegas comezou en Santiago de Compostela cun acto en Carreira do Conde, que contou coas intervencións de Xesús Domínguez, responsábel local, e de Elvira Souto e Manolo Soto, membros da candidatura que encabeza Ana Pontón.

Logo de facer un percorrido pola traxectoria da formación nacionalista, Manolo Soto indicou que "temos que estar orgullosos e orgullosas do que é Galiza, do que é dá de si o pobo galego e confiamos en que máis cedo que tarde vaia darlle a volta á situación actual".

"O BNG está preparado para poñer libros gratis no ensino, para mellorar a sanidade pública, para cambiar a política de incendios para incidir na prevención e no aproveitamento da biomasa nos nosos montes, para acabar coa continuidade de ENCE na ría de Pontevedra, para promover multitude de políticas de apoio ao emprendemento, á industria, ás novas tecnoloxías e a mellorar o financiamento do I+D+i de forma selectiva pensando na sustentabilidade das actividades económicas futuras e nas necesidades sociais", explicou.
 
Así, apelou ao traballo militante e simpatizante durante esta campaña electoral "para conseguir que o 25 de setembro se consiga un tempo novo para Galiza" da man do nacionalismo.

 

O BNG abre a campaña en Santiago de Compostela "cunha mensaxe de orgullo para comezar un tempo novo para Galiza"