INFRAESTRUTURAS

Representantes do BNG acompañan as vítimas do Alvia no décimo aniversario do accidente de Angrois

Declaracións aos medios de Ana Miranda e Goretti Sanmartín no décimo aniversario do accidente de Angrois
Declaracións aos medios de Ana Miranda e Goretti Sanmartín no décimo aniversario do accidente de Angrois
Goretti Sanmartín, Ana Miranda, Míriam Louzao, Xesús Domínguez e Pilar Lueiro participaron no acto para reclamar xustiza
Representantes do BNG acompañan as vítimas do Alvia no décimo aniversario do accidente de Angrois

En declaracións aos medios de comunicación, Goretti Sanmartín, en nome de Ana Pontón e do BNG, transmitiu "toda a forza, a enerxía e solidariedade coas vítimas do accidente de Angrois cun acompañamento que foi total nestes 10 anos co traslado ás diferentes administracións e institucións, das súas demandas esixindo xustiza, verdade e reparación".

"É incomprensíbel para calquera persoa que, nun accidente destas características, con 81 persoas falecidas e 144 persoas feridas houbese que esperar 10 anos para estar inmersas nun proceso xudicial e aínda non se foi capaz de conseguir esta investigación independente tan necesaria".

 

Representantes do BNG acompañan as vítimas do Alvia no décimo aniversario do accidente de Angrois