ELECCIÓNS XERAIS

Goretti Sanmartín fai un chamamento a votar “para determinar o futuro que queremos mellor para Santiago e para o noso país”

Goretti Sanmartín vota na Facultade de Filosofía
Goretti Sanmartín vota na Facultade de Filosofía
A alcaldesa recoñeceu o traballo das persoas que participan na organización deste proceso electoral
Goretti Sanmartín fai un chamamento a votar “para determinar o futuro que queremos mellor para Santiago e para o noso país”

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2023.- A alcaldesa Goretti Sanmartín votou na Facultade de Filosofía, acompañada da portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, do candidato Néstor Rego e mais de Rubén Cela e de Míriam Louzao. En declaracións aos medios, sinalou que este concello “xógase moito nestas eleccións que van marcar cal queremos que sexa o futuro de Santiago de Compostela e de Galiza”.

Así, realizou “un chamamento ao conxunto da poboación a que veña aos colexios electorais e exerza o seu dereito a votar para determinar ese futuro que queremos mellor para a veciñanza de Santiago de Compostela e para o noso país”.

Quixo recoñecer tamén o traballo que realiza toda a xente que participa na organización deste proceso electoral e desexou que a xornada transcorra “sen incidentes e con toda a normalidade para que sexa traquila”.

Goretti Sanmartín fai un chamamento a votar “para determinar o futuro que queremos mellor para Santiago e para o noso país”