TURISMO
Sobre os bulos do PP sobre a legalización 1.000 vivendas de uso turístico
De feito, o compromiso adquirido foi a ter unha reunión para informar a Plataforma da nova ordenanza para a regularización das vivendas de uso turístico antes da súa aprobación en Pleno.
Sempre manifestamos a intención da regulación e limitación das VUT para favorecer o uso residencial na cidade, fixar poboación e incrementar as opcións de aluguer.
O Goberno local defende os obxectivos de favorecer o uso residencial na nosa cidade, para contribuír a fixar poboación poñendo as persoas residentes en Compostela no centro e incrementar as posibilidades de aluguer para uso de fogares e estudantado.
A ordenanza que está a preparar o Goberno local regulará os usos preexistentes (e isto non afecta exclusivamente as VUT, tamén afecta outras actividades) e mais os usos asimilados.
Ademais, considera positivo o turismo en Santiago de Compostela e aposta por aplicar políticas para favorecer a súa desestacionalización, co obxectivo de dispor de visitantes durante todo o ano fronte á concentración na tempada estival.
O feito de iniciar unha campaña de boas prácticas no turismo é unha mostra do traballo que vén de principiar, cun cambio de orientación para conseguir un turismo de calidade, sustentábel económica e ambientalmente, durante todo o ano, con máis pernoctas e integración do territorio.
Trátase de que o turismo teña unha visita con máis calidade e máis enriquecedora, con actividades e experiencias para coñecer Santiago de Compostela durante a prolongación da súa estancia.