UNHA VELLA DEMANDA VECIÑAL QUE A XUNTA NON CONTEMPLA NOS ORZAMENTOS DE 2026

O BNG leva ao Parlamento a creación dun centro de saúde na zona do Restollal

Saleta Chao
Saleta Chao

Saleta Chao defende unha vella demanda veciñal para a que a Xunta de Rueda non ten contemplada ningunha partida nos orzamentos de  2026

O BNG leva ao Parlamento a creación dun centro de saúde na zona do Restollal

O BNG leva ao Parlamento a construción dun centro de saúde na zona do Restollal, dado segue sen estar contemplado nas partidas nos orzamentos da Xunta deste ano 2026.

 

A deputada nacionalista por Santiago, Saleta Chao, argumenta a necesidade de dotar deste recurso á zona sueste da cidade porque se trata dunha zona que medrou moito ao longo das últimas décadas, principalmente arredor do Restollal e do Castiñeiriño.

 

A día de hoxe, as persoas enfermas que viven nesta área aínda teñen que desprazarse ao Centro de Saúde Concepción Arenal, que tamén é referencia para as parroquias do Eixo e de Marrozos. É por iso que o  BNG urxe á Xunta atender esta demanda, que, tal e como sinala Chao,  “xa vén de vello”, non só para prestar atención sanitaria na contorna de proximidade, senón tamén para desconxestionar Concepción Arenal.

 

A iniciativa do Bloque reponde non só a unha demanda da veciñanza, tamén da administración local compostelá, que aprobou na súa sesión plenaria do 26 de marzo unha moción para que a Xunta desenvolva os estudos previos e reserve crédito para 2027 para a redacción do proxecto de construción do centro, ao tempo que traballe en colaboración co Concello de Santiago para estudar a localización máis axeitada para o novo equipamento sanitario.

O BNG leva ao Parlamento a creación dun centro de saúde na zona do Restollal