28M

Pontón fai un chamamento á cidadanía galega a participar activamente o 28 M para elixir os mellores gobernos

Almorzo na xornada de reflexión
Almorzo na xornada de reflexión
Goretti Sanmartín destaca a importancia do voto para decidir "o mellor goberno para Santiago de Compostela a partir do 28 de maio"
Pontón fai un chamamento á cidadanía galega a participar activamente o 28 M para elixir os mellores gobernos

Santiago de Compostela, 27 de maio, 2023.- No día de reflexión, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón  e a candidata á Alcaldía de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, comezaron a xornada cun almorzo con amizades. Ana Pontón fixo un chamamento á cidadanía galega a participar activamente o vindeiro domingo 28 de maio para "elixir os mellores gobernos municipais".


No día de reflexión, tras unha intensa campaña que Pontón cualificou de "ilusionante", a nacionalista incidiu na importancia "dunha gran participación dos veciños e das veciñas" porque é a cidadanía a que ten o poder de decidir nas eleccións. Canta máis participación, dixo, "mellor lle irá a Galiza". Neste sentido, animou a todas as persoas a participar e aquelas que aínda non decidiran o seu voto, hoxe é o día para decidilo.


Pontón asegurou que a participación é "a esencia da democracia" e agarda un domingo cunha gran participación para que os galegos e galegas se expresen  nas urnas.
Pontón, pasará a xornada de reflexión participando coa súa filla e familia  na excursión para pais, nais e crianzas organizada pola escola infantil á que acode a súa filla.


Pola súa parte, Goretti Sanmartín tamén fixo un chamamento a que a xente reflexione "porque todos os votos son decisivos é é moi importante que as elecións sexan para conformar, a partir do 28 de maio, o mellor goberno para Santiago de Compostela".


Tras o almorzo, a candidata nacionalista participou na visita á exposición dos "50 anos de Fuxan os Ventos" acompañada pola candidatura do BNG e guiada por Tereixa Novo, compoñente histórica do grupo. Durante a xornada de hoxe, Sanmartín tamén asistirá a diversas actividades no Barrio Xardín e na Praza 8 de Marzo para dedicar o resto do día á familia e amizades, tras unha intensa campaña electoral.

Pontón fai un chamamento á cidadanía galega a participar activamente o 28 M para elixir os mellores gobernos