BNG LOGRA APROBAR OS ORZAMENTOS MUNICIPAIS POR SEGUNDO ANO CONSECUTIVO

BNG destina os orzamentos municipais a mellorar o benestar social e a vivenda

Imaxe Orzamentos
Goretti Sanmartín, alcaldesa de Compostela, no centro da imaxe, co seu equipo de goberno municipal do BNG: Pilar Lueiro, Iago Lestegás, Manuel César, Míriam Louzao e Xesús Domínguez.
Con máis de 146 millóns de euros, serán os máis altos da historia e non prevén incremento de impostos.
BNG destina os orzamentos municipais a mellorar o benestar social e a vivenda

Destacan as políticas de vivenda, ás que se destinarán máis de 4,2 millóns de euros, centrándose na adquisición e rehabilitación de vivenda para pola no mercado a través de aluguer social.

Outra partida importante para o benestar social é a relativa á conciliación e bolsas de comedor, cun valor de 900.000 euros, así como 1,5 millóns de euros para a construción dunha cociña centralizada. Tamén, dentro do social, cómpre destacar os 6,3 millóns de euros que irán para o Servizo de Axuda no Fogar.

Tamén son destacábeis os 8,5 millóns de euros para o servizo de transporte urbano (permitindo manter os prezos ás persoas usuarias), os 8 millóns que irán a proxectos diversos, como as reformas no pavillón de Santa Isabel, a mellora na rúa Puente de la Reina ou a implementar o Barrio Verde de Pontepedriña, ou os 1,3 millóns que se adicarán á reforma do estadio Verónica Boquete.

Tamén se financiarán, con estes orzamentos, a substitución de tubaxes de auga da ETAP, a restauración do Ecobosque no Banquete de Conxo, a renaturalización e mellora da infraestrutura verde no marco de “Entre Sar e Sarela”, a ampliación da rede de abastecemento en Marantes ou o acondicionamento do CIRVI en Villestro.

Reparto Orzamentos

BNG destina os orzamentos municipais a mellorar o benestar social e a vivenda