O INVESTIMENTO SOCIAL É O MÁIS ALTO DA HISTORIA
O Goberno Municipal aproba os orzamentos para este ano
O pasado xoves 26 de marzo, o Pazo de Raxoi foi testemuña da sesión extraordinaria convocada pola alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín Rei, para debater unha cuestión de confianza ligada á aprobación inicial do orzamento correspondente ao ano 2026. Soamente votaron en contra os membros do PP, mentres que o PSOE manifestou a súa abstención, e así, coa maioría de votos positivos, logrouse que prosperase a cuestión, aprobándose inicialmente os orzamentos.
A sesión extraordinaria tivo que ser convocada despois de que a oposición frustrara o día anterior a aprobación inicial dos orzamentos. Por ese motivo e polo ben da cidade, cumpría que o goberno tomase unha decisión, acolléndose ao artigo 197 bis da Lei orgánica 5/1985, do réxime electoral xeral, para vincular a aprobación do proxecto de orzamentos de 2026 a unha cuestión de confianza.

Por iso, Goretti Sanmartín Rei fixo un chamamento á responsabilidade. “Non polo goberno, senón pola xente de Compostela, para que este concello siga avanzando e mellorando”.
O orzamento sobe un 1,64 % respecto do de 2025 e supera os 148 millóns de euros. O montante consolidado coas entidades do sector público municipal ascende a case 152 millóns. No relativo aos ingresos, o goberno decidiu non subir os impostos á veciñanza, máis alá da modificación aprobada para gravar as vivendas que permanecen baleiras.
Estes orzamentos fan un esforzo no capítulo de persoal, que aumenta de 41,1 millóns de euros en 2025 a 45,8 millóns de euros en 2026. Isto permite crear cinco novas prazas por riba das taxas de reposición (3 de policía local e 2 de administración xeral), facendo que a recuperación de prazas permita aumentar en 6 os efectivos da dotación de Bombeiros.
Uns orzamentos que tamén reservan importantes cantidades para a prestación de servizos públicos, cunha dotación de 70 millóns de euros, que en termos xerais medra un 5,65 %: limpeza e recollida de residuos (14,1 millóns), funcionamento da depuradora (4,2 millóns), mantemento das áreas de xogo (412.000 euros) e das zonas verdes (4,1 millóns), e Servizo de Axuda no Fogar (SAF)(6,3 millóns de euros). O investimento social é o máis alto da historia do concello, situándose nos 177 euros por habitante.