28M
Goretti Sanmartín: “Temos un equipo preparado para gobernar porque Santiago precisa un cambio transformador liderado polo BNG”
Presenta a listaxe aprobada en asemblea para desenvolver “un proxecto que pon no centro as persoas que viven e traballan en Compostela”
Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2023.- O BNG anuncia a listaxe de persoas que integran a candidatura para as eleccións do 28M que, en palabras de Goretti Sanmartín, conforman “un equipo preparado para gobernar". “Son persoas co corazón en Compostela e capacidade para xestionar os retos de Santiago nos próximos catro anos, para preparar un futuro de ilusión e de esperanza na capital de Galiza”, indicou.
Como liñas de traballo prioritarias, explicou que “o concello precisa un cambio transformador liderado polo BNG, capaz de aproveitar o noso potencial e de recuperar o orgullo cun proxecto que pon no centro as persoas que viven e traballan en Compostela”. “Queremos un concello con dereito á vivenda e prezos asequíbeis para o alugueiro; un concello feminista, con servizos públicos de calidade e preparado para o cambio climático”, engadiu.
Nese sentido, as persoas que fan parte deste proxecto destacan pola súa implicación no movemento asociativo como Xesús Domínguez, Lois Calvelo, Concha de la Fuente, Isabelle Kerdudo, Manuel Quintáns e Lurdes Sexto.
Do ámbito da arquitectura está Iago Lestegás, do ensino Pilar Lueiro e Manuel César, da avogacía Xavier Castro, do sindical Sandra López, do sanitario Encarna Brión, do LGBT Alexandre Garrido, dos servizos sociais Saleta Chao, do comercio César Lago e do cultural Míriam Louzao, Lucía Carreira e Xan Bello, entre outras. A aposta pola mocidade vén de integrar persoas como Martiño Cacheda e María Bará.
Tamén se incorporan independentes que se achegan ao BNG como mostra de crecemento como Marisa Gil, da asociación “A Pedra que fala” de Fecha e ecoloxista, Fernando Lacaci, expresidente da Federación de ANPA, Eva Cividanes, do comercio Queroté e Alfonso Zarauza, cineasta. “Agradecemos a Marisa Gil, Fernando Lacaci, Eva Cividanes e Alfonso Zarauza que dan este paso de apoiar o BNG como bos exemplos da corrente de simpatía que esperta este proxecto que é referente de compromiso con Santiago de Compostela e con Galiza”, indicou Goretti Sanmartín.
Candidatura do BNG para eleccións municipais de maio de 2023:
1. Goretti Sanmartín Rei
2. Míriam Louzao Fernández
3. Xesús Domínguez Domínguez
4. Pilar Lueiro García
5. Manuel César Vila
6. Iago Lestegás Tizón
7. Saleta Chao Rivas
8. Xavier Castro Martínez
9. Marisa Gil Nieto (independente)
10. Alexandre Garrido López
11. Sandra López Corral
12. Lucía Carreira Pérez
13. Lois Calvelo Rozas
14. Concha de la Fuente Pérez
15. Fernando Lacaci Batrés (independente)
16. Isabelle Marie Pierre Kerdudo
17. Martiño Cacheda Rodríguez
18. María Bará Louro
19. Xosé Manuel Quintáns Couselo
20. Lurdes Sesto Gontán
21. Xan Fernández Bello
22. Eva Cividanes Portela (independente)
23. César Lago Bouza
24. Encarna Brión Tubío
25. Alfonso Vilas Zarauza (independente)
Suplentes:
1. Carlota Castro Eiroa
2. Fernando Rei Maio
3. Marta Domínguez
4. Luis Eduardo Froiz Casal
5. Ana Rodiño Domínguez
6. Xan Freire Otero
7. Elena Maio Abeijón
8. Antonio Cebey Giadas
9. Mercedes Monteagudo Poceiro
10. Xerardo Rodríguez Roca