CELEBRADO NA CASA DAS MÁQUINAS

Acto: A Falacia da Imposición Lingüística do Galego

Acto sobre a Imposición Lingüística do Galego desde a fronte
Acto sobre a Imposición Lingüística do Galego desde a fronte

Elsa Quintas e Sol Agra mantiveron un interesante coloquio, dirixido por Carme Vidal, sobre a realidade do galego ante a imposición do castelán, este día 6 de maio na Casa das Máquinas.

Acto: A Falacia da Imposición Lingüística do Galego

O día 6 de maio, a Casa das Máquinas, sita na rúa das Galeras, foi testemuño dun acto organizado polo Bloque Nacionalista Galego no que a lingua foi protagonista. En concreto, falouse da perspectiva que, desde a lóxica de quen loita arreo para impoñer o castelán utilizando medios de comunicación, administracións, institucións educativas e a presión desde grupos de poder, é o galego o que tenta imporse cando os datos, día tras día e ano tras ano, amosan o contrario.

Así, Elsa Quintas, Vicepresidenta da Mesa pola Normalización Lingüística e Sol Agra, Responsábel Nacional de Lingua do BNG e Deputada Provincial, falaron, nun entretido coloquio dirixido pola xornalista e escritora Carme Vidal, sobre multitude de temas que representan as diferentes realidades ás que se enfronta a nosa lingua. Deste xeito, tocáronse e analizáronse os datos que o Instituto Galego de Estatística (IGE) presentaba o pasado outubro, no que se expoñía como 53,6% da poboación de entre 5 e 14 anos e 43% da faixa de entre 15 e 29 anos afirma expresarse sempre en español, fronte a só un 7% da poboación entre 5 e 14 anos que asegura falar sempre en galego, chegando esta cifra a 11,9% para as persoas entre 15 e 29 anos. Datos que aínda semellan máis graves cando atopamos que un 32,4% das persoas entre 5 e 14 anos non saben falar galego.

Acto Falacia do Imposición do Galego Público
Asistentes ao acto

 

Poñentes no Acto sobre a Falacia da Imposición do Galego
Elsa Quintas falando no acto sobre a Falacia da Imposición Lingüística do Galego

 

Sol Agra falando no acto
Sol Agra falando no acto sobre a Falacia da Imposición Lingüística do Galego

 

Acto: A Falacia da Imposición Lingüística do Galego