O BNG CELEBRA DOUS ANOS DO GOBERNO TRANSFORMADOR LIDERADO POR GORETTI SANMARTÍN
O BNG celebra dous anos de goberno transformador
Goretti Sanmartín, alcaldesa de Santiago: “Dous anos de traballo e ilusión”
O BNG de Santiago de Compostela celebra este 28 de maio o segundo aniversario do resultado electoral que levou a acadar a alcaldía da cidade
28 maio 2025 - 15:40
O Bloque Nacionalista Galego de Santiago celebra este 28 de maio o segundo aniversario do resultado electoral que levou a Goretti Sanmartín á Alcaldía da capital galega. Dous anos despois, o goberno municipal liderado polo BNG presenta un balance de avances significativos cun modelo de concello centrado nas persoas, na igualdade, nos servizos públicos de calidade e na sustentabilidade.
Goretti Sanmartín destacou que Santiago “é hoxe unha cidade máis viva, xusta e con futuro”, e puxo como exemplo medidas que van supoñer un antes e un despois para o concello, como as políticas de vivenda que se están implementando ou a posta en marcha do imposto sobre as estadías turísticas. O goberno nacionalista ten como prioridade as principais preocupacións da veciñanza. Por iso, nestes dous anos as políticas de vivenda centraron a acción do executivo local para fomentar, no ámbito das competencias municipais, o acceso a unha vivenda digna e accesíbel.
Entre outros compromisos electorais, o goberno de Goretti Sanmartín fixo real a aposta pola igualdade real e transversal coa posta en marcha do Servizo de Asesoramento LGBTIQ+ na Casa Xohana Torres.
A participación cidadá, co impulso dos consellos de participación –cunha vintena de reunións xa–, un modelo urbano transformador, máis sustentábel e que gaña espazo para as persoas son outros sinais de identidade do goberno de Goretti Sanmartín.
Ademais, en dous anos recuperouse o orgullo de ser de Santiago, coa creación da xa consolidada Alba de Compostela, e potenciáronse recoñecementos como as Mulleres de Compostela ou a Gala do Deporte. Nesta recuperación do orgullo, o goberno municipal impulsou as festas compostelás, convertendo o Nadal na terceira grande festa de Compostela, canda a Ascensión e o Apóstolo, poñendo en valor a cultura popular e os grupos locais.
O goberno también fixo un esforzo nos servizos sociais, cunha aposta polo Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e nas axudas de comedores e libros, así como cun impulso ás medidas de conciliación.
“O feito de ter alcanzado 100.000 habitantes é un dato que dá conta de que Compostela avanza e é un concello elixido para vivir, estudar, traballar e criar en galego e con dignidade”.
Goretti Sanmartín salientou que “estes dous anos demostraron que outra maneira de gobernar é posíbel”. “Apostamos pola dignidade, pola igualdade e por un Santiago que mira o futuro con orgullo. Dous anos de traballo e ilusión”, sentenciou.