CONSELLO LOCAL

Xan Fernández Bello será o novo responsábel local do BNG de Santiago de Compostela

Xan Bello
Xan Bello
A asemblea decide integrar tamén Pilar Lueiro, Iago Lestegás e Manuel César a este órgano de dirección da localidade
Xan Fernández Bello será o novo responsábel local do BNG de Santiago de Compostela

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2023.-  A asemblea do BNG acordou renovar a dirección local con Xan Bello como novo responsábel en Santiago de Compostela para darlle relevo a Xesús Domínguez neste posto, pola súa integración como concelleiro no equipo de Goberno local.

Destacouse o labor de Xan Bello como coordinador da última campaña electoral, pola súa capacidade organizativa e traxectoria en diversas asociacións sociais e culturais. É empregado público na Xunta e veciño do barrio da Almáciga. Nesta nova etapa, o BNG aposta por reforzar a súa base social, a implicación na mellora dos barrios, a calidade dos servizos públicos e a vinculación co tecido asociativo.

Para facilitar a coordinación da estrutura da organización local do BNG co Goberno municipal, acordouse que se integren tamén os edís Pilar Lueiro, Iago Lestegás e Manuel César, ademais dos que xa fan parte do Consello local desde o proceso enmarcado na XVII Asemblea Nacional do BNG de 2021.

O Consello local de Santiago está integrado por Xan Bello, (responsábel local), Margarita Otero González (vicerresponsábel local), Anxo Álvarez Amado, Lois Calvelo Rozas, Iria Carreira Pazos, Manuel César Vila, Júlio Conde López, Manuel Dacal Vázquez, Xesús Domínguez Domínguez, Concha de la Fuente Vázquez, Marta Domínguez Domínguez, Mercedes Espiño Amil, Alexandre Garrido López, Iago Lestegás Tizón, Sandra López Corral, Míriam Louzao Fernández, Pilar Lueiro García, Xosé Manuel Marcote Baña, Iria Méndez de la Peña, Adrián Picón Iglesias, Navia Rivas de Castro, Goretti Sanmartín Rei e Rosa Valcárcel Vázquez.

A asemblea agradeceu a especial dedicación de Xesús Domínguez, nunha etapa marcada pola cohesión organizativa do equipo de traballo, a mellora dos resultados nos últimos procesos electorais e a activa participación en actos, mobilizacións e vinculación co asociacionismo por parte da militancia.

Xan Fernández Bello será o novo responsábel local do BNG de Santiago de Compostela