Conclúe a prórroga do servizo do aparcamento da ORA sen cambiar o modelo de xestión nin de contrato

Conclúe a prórroga do servizo do aparcamento da ORA sen cambiar o modelo de xestión nin de contrato

A rescisión deste contrato vén derivada de aplicar unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que anulou esta concesión a Setex Aparki

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2016.- O grupo municipal do BNG advirte que a prórroga do contrato da ORA conclúe o 30 de xullo e non se coñecen avances do cambio de modelo de xestión nin de contrato. A rescisión deste contrato vén derivada de aplicar unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que anulou esta concesión a Setex Aparki.

No mes de xaneiro, o BNG rexistrou unha pregunta dirixida ao alcalde Martiño Noriega para coñecer que previsión tiña sobre a concesión da ORA e do guindastre municipal, posto que expiraba a prórroga de tres meses concedida en outubro e non iniciara o proceso de licitación.

Aínda así, dende aquela, seguen sen coñecerse avances de que o Goberno de Compostela Aberta iniciase o procedemento para convocar un novo concurso para a prestación destes servizos ou, no seu caso, pola súa municipalización.

Ademais, o Goberno local anunciara a contratación dunha auditoría externa sobre a xestión da ORA e do guindastre municipal, da que tampouco se saben os resultados da mesma no caso de que se chegase a contratar e a realizar.

 

Conclúe a prórroga do servizo do aparcamento da ORA sen cambiar o modelo de xestión nin de contrato