USC

Visita ao CITIUS

Visita ao CITIUS, co persoal investigador do proxecto Nós para a aplicación da IA en lingua galega
Visita ao CITIUS, co persoal investigador do proxecto Nós para a aplicación da IA en lingua galega
A  alcaldesa Goretti Sanmartín participou na Xornada de Demostración de Tecnoloxías Inside The Lab
Visita ao CITIUS

A  alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, participou na Xornada de Demostración de Tecnoloxías Inside The Lab, onde coñeceu o funcionamento do Proxecto Nós de tecnoloxía neuronal aplicada á lingua galega, cun sistema de recoñecemento e sintetizador de voz; circuítos e sistemas para IA; algoritmos para o cálculo de rutas e visión artificial para a análise da calidade de produtos alimentarios, entre outros. 

Na visita estivo acompañada de Senén Barro, director do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC (CITIUS); de Paula López Martínez, vicedirectora; e de Vicente Pérez Muñuzuri, vicerreitor de Política Científica da USC; ademais do persoal investigador que explicou cada proxecto en que están a traballar.

Visita ao CITIUS