TRANSPORTE

O BNG cuestiona que o contrato de autobuses saia “coa convocatoria de eleccións, con opacidade e sen consenso das liñas e frecuencias”

Goretti Sanmartín Rei
Goretti Sanmartín Rei

Quere unha cidade e un rural ben comunicados porque un bo sistema de transporte público fomenta a igualdade e a cohesión do territorio

 

O BNG cuestiona que o contrato de autobuses saia “coa convocatoria de eleccións, con opacidade e sen consenso das liñas e frecuencias”

Avoga por simplificar a información das liñas e por marquesiñas accesíbeis

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2023.- A portavoz municipal do BNG, Goretti Sarmartín, cuestiounou a demora en sacar o concurso do servizo de autobuses, “que sae xusto cando se convocan as eleccións, con opacidade e sen consensuar liñas e frecuencias coa veciñanza”, despois de perder catro anos sen prestalo en condicións dignas. “Trátase dun contrato millonario que debería atender as necesidades colectivas pactadas mediante o diálogo, mais non se fixo así”, advertiu.

“Desde o BNG queremos que os buses, ademais da renovación da frota, cheguen con frecuencias adecuadas ao Polígono de Tambre, comuniquen ben as parroquias para vertebrar o terriorio, cos reforzos horarios de entrada e saída laboral, e atendan as necesidades de estudantes e do rural nas fins de semana, como reclamou o BNG no Pleno en diversas ocasións”, sinalou, “e tamén é preciso un servizo propio para comunicar o aeroporto”.

O BNG avoga por simplificar a información das liñas e por marquesiñas accesíbeis e, en definitiva, quere unha cidade e un rural ben comunicados porque un bo sistema de transporte público fomenta a igualdade e a cohesión do territorio.

O PSOE non fixo o seu labor durante catro anos e agora pretende no último momento, en período de desconto, sacar un concurso do que se descoñecen as liñas, as frecuencias e os eixos mentres se paga o alugueiro doutros autobuses porque os novos tardarán en estar na rúa entre 18 e 24 meses.

“É un auténtico despropósito o acontecido con este contrato de autobuses e onde o PSOE demostra que non ten capacidade de xestión, que non ten proxecto a cidade de Santiago e o seu é un modelo totalmente esgotado”, explicou.

O BNG cuestiona que o contrato de autobuses saia “coa convocatoria de eleccións, con opacidade e sen consenso das liñas e frecuencias”