28M

O BNG presenta este mércores na Sala Capitol o equipo liderado por Goretti Sanmartín para transformar Santiago de Compostela

Convite
Convite

Convida a veciñanza e asociacións a participar neste acto para coñecer o proxecto que situará Santiago na vangarda

O BNG presenta este mércores na Sala Capitol o equipo liderado por Goretti Sanmartín para transformar Santiago de Compostela

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2023.- O BNG convida a veciñanza a asistir ao acto de presentación da candidatura para as eleccións municipais do 28M, que vai traer un cambio cun proxecto liderado por Goretti Sanmartín e un equipo preparado para transformar Santiago de Compostela. O evento, aberto ao público, será este mércores 19 de abril ás 20.30 na Sala Capitol e contará coa intervención de Ana Pontón, portavoz nacional do BNG.

“O BNG está en ascenso e queremos dirixirnos ás persoas que teñen o corazón en Compostela, a aquelas que están decepcionadas co actual goberno local e ás que xa colleron a papeleta nas pasadas eleccións a favor de Ana Pontón, porque confían en que somos unha forza política con garantía de solvencia e de eficacia para conseguir máis calidade de vida, mellores servizos, unha cidade máis adaptada ás persoas, aberta e amábel, con futuro e posibilidades de desenvolvemento económico”, explicou.

“Santiago merece máis, merece o BNG no goberno local porque temos proxecto, con ideas novas, con vontade de desenvolver todos os recursos e de situarse na vangarda”, indicou a candidata.

O BNG vai ser a forza política que transformará o concello desde o goberno municipal, afirmou, cando as outras forzas que concorren a estas eleccións xa demostraron a súa ineficacia cando ocuparon a Alcaldía. “Queremos facelo con participación veciñal e en contacto co tecido asociativo, con transparencia, trasladando confianza, entusiasmo e ilusión”, engadiu, “e ese vai ser un dos nosos eixos de acción”.

“Este evento de presentación da candidatura vai servir para coñecer o equipo que temos preparado para transmitir o moito que pode gañar Santiago co BNG no goberno municipal, coa idea de recuperar o orgullo de ser capital de Galiza”, segundo anunciou.

O BNG presenta este mércores na Sala Capitol o equipo liderado por Goretti Sanmartín para transformar Santiago de Compostela