ELECCIÓNS

O BNG consegue en Santiago 20.848 votos nas eleccións galegas 2024

Noite electoral do 18F
Noite electoral do 18F
É a única forza política que sobe en porcentaxe e obtén un 36,98%
O BNG consegue en Santiago 20.848 votos nas eleccións galegas 2024

Goretti Sanmartín destacou que o BNG tivo un bo resultado nestas eleccións, "que non deixa de ser agridoce, mais en Santiago de Compostela somos a única forza política que sobe, cun incremento de 8,38 puntos con respecto das anteriores eleccións, obtendo unha porcentaxe de 36,98%".

O BNG é a única forza política que sobe en porcentaxe, pasando dos 20.000 votos (20.848). "É un resultado do que estamos satisfeitas e parabenizamos a toda a militancia e persoas simpatizantes polo labor desenvolvido", indicou, "e garantimos que o BNG vai seguir traballando porque é a alternativa neste país, a forza que realmente sobe tamén no conxunto do país e entendemos que hai un bo resultado tanto en Santiago de Compostela como a nivel galego, cunha suba moi importante, mesmo que non se conseguira un dos obxectivos propostos como era liderar un Goberno diferente ao que mantén o PP que revalidou a súa maioría absoluta".

 

O BNG consegue en Santiago 20.848 votos nas eleccións galegas 2024