Sobe o paro en Compostela

Sobe o paro en Compostela

O grupo nacionalista en Raxoi valora negativamente os datos do desemprego de xaneiro, que subiu en 486 persoas e se sitúa en 9.331 parados e paradas en Santiago de Compostela.

Isto demostra que está lonxe o proceso de recuperación da crise económica, a pesar do que pretenda anunciar unha e outra vez o Goberno do PP, pois se segue a destruír emprego e os postos de traballo que se crean son precarios e de carácter temporal.

Neste sentido, para o BNG é fundamental poñer en marcha medidas destinadas a fomentar a contratación indefinida de cara a garantir a estabilidade, como mellor xeito de reactivar a economía, ademais de incidir na necesidade de recuperar os dereitos laborais da clase traballadora.

Sobe o paro en Compostela