Aprécianse responsabilidades políticas en quen decidiu pagar con fondos públicos a defensa dun edil

Aprécianse responsabilidades políticas en quen decidiu pagar con fondos públicos a defensa dun edil

Os membros da Xunta de Goberno “son culpábeis por desconsideración, falta de respecto e desprecio á cidadanía”

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2014.- A concelleira Elvira Cienfuegos afirmou, a preguntas sobre o suposto de delito de prevaricación en que incorreron os membros da Xunta de Goberno que aprobaron o pagamento con fondos públicos da defensa xudicial do concelleiro de Deportes, indicou que se ben “ao BNG non lle toca decidir se hai delito ou non, si que hai responsabilidade política de quen fai a proposta e de quen adopta esta decisión”.

“No momento en que xurdiu o problema, analizamos a coherencia entre o informe do secretario e o acordo adoptado pola Xunta de Goberno local e parecíanos que non había concordancia”, sinalou a concelleira.

O BNG entende que, neste caso, os membros da Xunta de Goberno “son culpábeis por desconsideración, falta de respecto e desprecio á cidadanía porque se adopta esta situación nun momento en que xa había unha grave preocupación social en relación ás distintas imputacións na operación Pokemon”.

Segundo explicou, o informe viña dicir que se podían sufragar os gastos relativos dun proceso xudicial dun concelleiro sempre que se desen determinadas condicións entre as que estaba que actuase en funcións propias do seu cargo e do interese xeral e, en segundo lugar, que saíse libre das acusacións. “Non se fixo constar no acordo a posibilidade de devolver o importe e partíase de que as denuncias eran en relación a unha suposta corrupción en relación á falsificación documental, tráfico de influencias e suborno e, aínda que estaba baixo segredo de sumario, había indicios suficientes para saber que actuara fóra estritamente do exercicio do seu cargo”, indicou Elvira Cienfuegos.

Aprécianse responsabilidades políticas en quen decidiu pagar con fondos públicos a defensa dun edil