Rubén Cela cualifica de “exercicio de propaganda” a quinta vez que se anuncia o Bosque de Galiza

Rubén Cela cualifica de “exercicio de propaganda” a quinta vez que se anuncia o Bosque de Galiza

Sumadas a Selva Negra e a Granxa do Xesto superan en hectáreas esta actuación prevista no proxecto inicial da Cidade da Cultura

Lembra que o PP paralizou o plan especial das Brañas do Sar, chamado a ser un dos grandes pulmóns verdes urbanos da cidade de Santiago

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2014.- Rubén Cela cualificou o “enésimo anuncio do Bosque de Galiza” como un exercicio de “propaganda, de propaganda da mala”. Referiuse así a que ese Bosque de Galiza estaba recollido no proxecto inicial da Cidade da Cultura, nos plans de traballo do bipartito na Xunta con Ánxela Bugallo como conselleira de Cultura, anunciouno Feijóo en 2012, unha vez máis dentro do plan director da Cidade da Cultura, volveuno anunciar hai unhas semanas no pazo de Raxoi “e hoxe, por cuarta ou quinta vez, volveuno anunciar de novo”.

Para Rubén Cela, esta actuación é “modesta en termos económicos, cun orzamento de 300.000 euros” para 23 hectáreas, cando 22 hectáreas é a superficie da Selva Negra que, se lle suman a Granxa do Xesto de 9 ou 10 hectáreas, é moito maior que o Bosque de Galiza.

“Faise agora moito fincapé neste Bosque de Galiza e resulta chocante que se marque como unha das prioridades deste Goberno local, cando unha das prioridades de Conde Roa ao chegar á Alcaldía foi paralizar o plan especial das Brañas do Sar que estaba chamado a ser un dos grandes pulmóns verdes urbanos da cidade de Santiago, para uso e lecer da veciñanza compostelá”, explicou.

Rubén Cela cualifica de “exercicio de propaganda” a quinta vez que se anuncia o Bosque de Galiza