PLENO

O BNG advirte da grava solta sen sinalizar depositada en obras de asfaltado que supón risco de caída para motoristas e ciclistas

Grava solta
Grava solta

O Goberno local debe dar instrucións ás empresas contratadas para cumprir o acordo plenario sobre medidas de seguridade viaria para motoristas aprobado por unanimidade a raíz dunha proposta do BNG

O BNG advirte da grava solta sen sinalizar depositada en obras de asfaltado que supón risco de caída para motoristas e ciclistas

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2017.- O grupo municipal do BNG advirte da mala sinalización das obras de asfaltado realizadas no rural por mor da grava solta depositada, que entraña perigo para persoas que van en moto e en bicicleta.

Pese a ter aprobada unha iniciativa no Pleno de novembro de 2015, o BNG segue a recibir queixas reiteradas de colectivos motociclistas sobre a falta de sinalización de “grava solta” cada vez que se producen obras de asfaltado, que supón risco de caída e de lesión para ciclistas que van máis pegados ao arcén e para motoristas que, ao iren á velocidade recomendada, non perciben o cambio de superficie e non poden adoptaren as precaucións necesarias para non derrapar.

Así, esta semana poñen como exemplo as obras da rúa Santa Teresa Jornet, en San Marcos, onde a grava esparexida chega até a estrada principal, e só está sinalizada nunha dirección e xusto onde comeza, sen dar tempo a reacción para reducir a velocidade ou deter a condución, segundo explican. Isto faise especialmente grave cando se circula de noite, pois é imposíbel apreciar o cambio do material na superficie.

Deste xeito, o BNG lémbralle ao Goberno municipal que debe velar para que os tramos de estradas onde sexa depositada grava solta estean correctamente sinalizados e cunha anticipación suficiente para todo tipo de vehículos. Ademais, debe dar instrucións neste sentido ás empresas contratadas que realizan as obras para cumprir o acordo plenario de adopción de medidas de seguridade viaria para motoristas aprobado por unanimidade a raíz dunha proposta do BNG.