ESPAZOS PÚBLICOS

O BNG insiste en reclamar o patio do Peleteiro para uso público mentres non se venda o inmóbel de Abanca

A iniciativa fora aprobada en abril de 2017 mais non se produciron avances

O BNG insiste en reclamar o patio do Peleteiro para uso público mentres non se venda o inmóbel de Abanca

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2018.- O grupo municipal do BNG trasladou unha iniciativa ao Pleno do mes de abril de 2017 co obxectivo de solicitarlle ao Sareb que ceda o patio do antigo colexio Peleteiro para uso público mentres non se venda esta propiedade.

Estas instalacións permanecen pechadas cando hai gran demanda de espazos públicos no Ensanche, que dispón dunha alta concentración de poboación. Poden destinarse a uso deportivo e de lecer de carácter interxeracional, con xente moza, crianzas e maiores que precisan zonas públicas abertos. Na actualidade só hai tres emprazamentos como son a praza de Vigo, praza Roxa e praza de Galiza, aos que se podería sumar este espazo en situación de abandono para uso público.

Segundo transcendera, o Goberno local requiriulle ao Sareb a cesión de uso temporal do patio do antigo colexio Peleteiro, mais dende outubro de 2015 non se coñecen máis xestións realizadas para aproveitar ese espazo.