SOLIDARIEDADE

O BNG solidarízase co persoal do 061 e do 112 que será trasladado de xeito forzoso

Con este cambio pérdense a centralidade e a operatividade de coordinar estes servizos de emerxencias dende Santiago

O BNG solidarízase co persoal do 061 e do 112 que será trasladado de xeito forzoso

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2017.- O grupo municipal do BNG transmitiulle o seu apoio a 300 profesionais da Central de Coordinación do 061 e do Servizo de Emerxencias do 112 que serán trasladados de Santiago de Compostela a un edificio da Axencia Galega de Emerxencias da Estrada.

Este traslado que pretende a Xunta de Galiza é arbitrario, forzoso e ilóxico, pola perda da centralidade e de operatividade que vai supor. Rubén Cela considera que se trata dun cambio que non obedece a criterio técnico ningún e que non vai supor unha mellora no funcionamento destes servizos.

O BNG trasladou ao Pleno en setembro de 2015 unha iniciativa para apoiar estas reivindicacións de profesionais do 112 e do 061 para permaneceren nas instalacións de Santiago de Compostela.

Para o BNG, esta decisión política vai na liña da perda de peso de Santiago de Compostela como aconteceu coa non asignación de novas salas do Social, Familia e Violencia de Xénero cando están os xulgados colapsados ou coa deslocalización do servizo do 091 a outra cidade.