MOBILIDADE

O BNG traslada a demanda para arranxar a contorna das escaleiras de Salgueriños que demanda a veciñanza

Escaleiras
Escaleiras

Reclama esta obra nun espazo público para mellorar a mobilidade e a calidade de vida deste barrio

O BNG traslada a demanda para arranxar a contorna das escaleiras de Salgueriños que demanda a veciñanza

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2018.- O grupo municipal do BNG de Santiago demándalle ao Goberno local que acondicione a zona da escaleira que vai de Salgueiriños de Abaixo a Salgueiriños de Arriba, que rematan nun desnivel cun carreiro que se enche de lama cando chove.

A veciñanza de Salgueiriños trasladoulle ao BNG a necesidade de arranxar esta escaleira que é moi transitada e se encontra en mal estado de conservación, aliás de urbanizar a zona inferior para lle dar continuidade a esta zona de paso que actualmente é de terra cuberta por vexetación.

Trátase dunha zona de pendente cun carreiro e con pedras que impiden o tránsito para persoas con mobilidade reducida, ademais do risco de esvarar cando se enche de lama por mor da chuvia.

Para o BNG, o Concello de Santiago debe preocuparse por facer esta pequena obra, nun espazo público, coa finalidade de contribuír a mellorar a mobilidade e a calidade de vida da veciñanza de Salgueiriños.