PLENO

O BNG reclama que o Consello Escolar do CEIP de Roxos propoña unha denominación alternativa para o pavillón “Carme Estévez”

Esta instalación municipal foi construída no ano 2003

O BNG reclama que o Consello Escolar do CEIP de Roxos propoña unha denominación alternativa para o pavillón “Carme Estévez”

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2017.- O grupo municipal do BNG de Santiago traslada ao Pleno unha iniciativa para mudar, de acordo co sentir da veciñanza e da comunidade educativa, o nome do pavillón de Roxos que fora bautizado como “Carme Estévez”.

O pavillón de Roxos é unha instalación municipal que foi construída no ano 2003 e inaugurada coa designación de “Carme Estevez”. Pasados os anos, parte da veciñanza e tamén da comunidade educativa do CEIP de Roxos, manifestaron en diversas ocasións o seu interese para o cambio do nome deste espazo deportivo.

Deste xeito, o BNG solicitará no Pleno que o Consello Escolar do CEIP de Roxos propoña unha denominación alternativa co obxectivo de mudar o nome destas instalacións municipais.