Elvira Cienfuegos recibe unha homenaxe pola defensa do medio ambiente e do ensino no pazo de Raxoi

Elvira Cienfuegos recibe unha homenaxe pola defensa do medio ambiente e do ensino no pazo de Raxoi

No acto participou o asociacionismo da cidade, alumnado seu, militantes e simpatizantes da formación nacionalista.

elvira 005

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2015.- A concelleira do BNG Elvira Cienfuegos, que após 12 anos na Corporación deixará o escano no pazo de Raxoi logo vindeiras eleccións municipais, recibiu unha cálida homenaxe en que participou o asociacionismo da cidade, alumnado seu, militantes e simpatizantes da formación nacionalista.

O acto público iniciouse na Casa de Brandía, con diversas intervencións de persoas que lembraron o seu bo facer na Corporación sempre ao servizo da cidade e cunha idea de que defender o medio ambiente é defender o país,.as persoas asistentes dirixírose a un xantar na Nave de Vidán que congregou 150 persoas amenizado pola artista Nahja Shami e polo grupo Pana Raiada, ademais da proxección dun vídeo con mensaxes de amizades, de membros de asociacións veciñais e de artistas que revelan o vínculo e bo recordo que deixa o seu labor á fronte das áreas de Educación e Medio Ambiente e tamén na oposición, onde destacou pola súa defensa do saneamento das augas, das zonas verdes, do patrimonio e do medio ambiente e foi quen de recuperar espazos hoxe emblemáticos como a Selva Negra, Monte de Deus e as hortas urbanas.

Entre os agasallos que recibiu destaca unha peza exclusiva de orfebrería compostelá e unha figura das Marías. No acto, ademais do grupo municipal, estivo acompañada do portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, de membros da Executiva e do grupo parlamentar nacionalista.