CULTURA

Roteiro para coñecer espazos de Compostela vinculados a Rosalía

Rosalía-de-Castro
Rosalía-de-Castro

Sairá o venres 24 de febreiro ás 17:00 da praza de Vigo e divulgará o legado da autora galega máis universal

Roteiro para coñecer espazos de Compostela vinculados a Rosalía

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2017.- O BNG organiza un roteiro de Rosalía de Castro, no 180 aniversario da escritora, para dar a coñecer espazos de Santiago de Compostela vinculados á súa traxectoria vital e á súa obra. O punto de encontro é o venres 24 de febreiro ás 17:00 horas na praza de Vigo.

O percorrido guiado pola profesora Mercedes Espiño está aberto á participación da veciñanza e partirá da praza de Vigo, seguirá pola alameda, logo polo instituto Rosalía de Castro –un dos primeiros centros en levar o seu nome durante a posguerra-, polo Hospital dos Reis Católicos onde foi bautizada, por diversos inmóbeis onde viviu na Cidade Histórica e concluirá en Bonaval. Serán dúas horas para saber máis destes lugares emblemáticos vinculados a Rosalía de Castro.

Con esta actividade, o BNG quere contribuír a divulgar o coñecemento da autora galega máis universal, que iniciou o proceso de recuperación e de dignificación do idioma propio, coa valentía de describir as discriminacións das mulleres, o panorama da emigración, as inxustizas e de apostar por unha sociedade libre e igualitaria.