PATRIMONIO

Rubén Cela insta ao Goberno local a reparar o cruceiro de Aradas, polo seu valor artístico

Pé do cruceiro de Aradas
Pé do cruceiro de Aradas

Lémbralle a responsabilidade de protexer, conservar e pór en valor o patrimonio cultural
 

Rubén Cela insta ao Goberno local a reparar o cruceiro de Aradas, polo seu valor artístico

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2017.- O portavoz do BNG de Santiago, Rubén Cela, insta ao Goberno local a arranxar, de urxencia, o cruceiro situado en Aradas, na Peregrina, de elevado valor patrimonial.

Un dos cruceiros da parroquia da Peregrina, datado en 1892, foi cedido pola familia propietaria ao Concello de Santiago de Compostela, que procedeu ao seu inventariado e catalogación. En 2015, un camión derrubou o monumento e, dende aquela, a veciñanza realizou diversas reclamacións tanto á entidade municipal como á Xunta para a súa reparación, pois é un exemplar representativo do patrimonio cultural galego.

Deste xeito, o BNG formuloulle unha pregunta ao alcalde para saber cando ten previsto o Goberno municipal proceder á reparación deste cruceiro de acordo coa responsabilidade de protexer, conservar e pór en valor o patrimonio cultural.