Imprimir

O BNG reclama o arranxo e mantemento das fontes ornamentais de Santiago de Compostela

bngsantiago | 15 de xaneiro de 2020

Algunhas situadas en zonas de paseo están sen auga e acumulan sucidade


 

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2020.- A portavoz do grupo municipal BNG, Goretti Sanmartín, preguntará no vindeiro Pleno cando ten previsto o Goberno local arranxar, recuperar e realizar o mantemento adecuado das fontes ornamentais.

Santiago de Compostela dispón de diversas fontes de carácter ornamental en enclaves destacados como a alameda, As Fontiñas ou Vite que, ademais de acumularen sucidade, están sen auga e non funcionan do xeito debido, segundo queixas recibidas no grupo municipal do BNG.

Ademais de ser precisa a súa posta en funcionamento, os labores de mantemento destas instalacións deben incluír a limpeza e con certa periodicidade a desinfección das partes más susceptíbeis de contaminación.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/bng-reclama-arranxo-mantemento-das-fontes-ornamentais-santiago-compostela/20200115123323002782.html


© 2020 BNG de Santiago de Compostela

Bloque Nacionalista Galego

Rúa do Home Santo, 54 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981554167
Correo: compostela@bng.gal