Imprimir

O BNG traslada ao Pleno o arranxo das escaleiras da rúa da Torreira

bngsantiago | 10 de Maio de 2017

A Torreira
A Torreira

Recibiu queixas da veciñanza do Romaño do total abandono deste paso de acceso que se volve intransitábel cando chove

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2017.- O grupo municipal do BNG reclama o acondicionamento das escaleiras da rúa da Torreira, tal como demanda a veciñanza do Romaño, posto que se atopan nun estado lamentábel e de total abandono.

O BNG trasladará esta petición ao vindeiro Pleno, “para que se eliminen as herbas, lixo, verdín e musgo das escaleiras, xa que nos días de choiva se volven intransitábeis ao provocar que a xente esvare”, recolle o texto da iniciativa.

Reclama tamén que se elimine a maleza do espazo verde próximo, “que precisa dunha actuación de desbroce e poderíase converter nunha área  de descanso”. Conta cun hórreo público rehabilitado hai uns anos que necesita dunha actuación de mantemento.

Podes ver este artigo na próxima dirección http://santiago.bng.gal/articulo/novas/bng-traslada-ao-pleno-arranxo-das-escaleiras-da-rua-da-torreira/20170510111427001859.html


© 2017 BNG de Santiago de Compostela

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal