Cela recórdalle ao alcalde e á conselleira de Sanidade que o centro de saúde de Conxo segue pendente

Cela recórdalle ao alcalde e á conselleira de Sanidade que o centro de saúde de Conxo segue pendente

O centro de saúde de Galeras sufriu un recorte de 600.000 euros no orzamento

Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2015.- O portavoz do grupo do BNG de Santiago, Rubén Cela, sobre a visita do alcalde e da conselleira de Sanidade ás obras do centro de saúde de Galeras, afirmou que ten consignado un orzamento con 600.000 euros menor do previsto e que agardaba que aproveitasen “para algo máis que para tirar unhas fotos”, tendo en conta os equipamentos sanitarios pendentes na cidade.

Sobre o centro de saúde de Conxo explicou que o Plan director está comprometido dende 2010 e sometido a información pública o estudo de detalle cunha previsión de edificación en 2011, cun orzamento de 3 millóns de euros. Para Rubén Cela, esta dotación sanitaria supón “unha infraestrutura básica para completar a rede de atención primaria de Santiago de Compostela e para dar servizo á zona sur do concello con notábel crecemento de poboación, que prevía consulta para 10 médicos de familia e unidade de fisoterapia”.

Cela recórdalle ao alcalde e á conselleira de Sanidade que o centro de saúde de Conxo segue pendente