Imprimir

Goretti Sanmartín traslada unha moción para demandar máis profesorado no colexio de Roxos

bngsantiago | 09 de Outubro de 2018

A comunidade emprendeu mobilizacións ante o incumprimento da Xunta

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2018.- A portavoz do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín Rei, presentou unha moción para trasladarlle á Xunta a demanda da comunidade educativa do CEIP de Roxos para asignar máis profesorado co fin de poder desenvolver o proxecto educativo deste centro.

A asociación de nais e pais do Centro de ensino de infantil e primaria de Roxos emprendeu mobilizacións co obxectivo de reclamar máis profesorado por mor da masificación dunha das aulas, que conta con 27 escolares e varios casos de necesidades educativas especiais.

Co fin de que dispor dunha escola inclusiva e de calidade consideran necesaria dotala dos recursos humanos e materiais necesarios para atender de xeito acaído as crianzas con diversidades funcionais coa pretensión de favorecer a súa integración na aula para que isto sexa enriquecedor para o alumnado no seu conxunto.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/goretti-sanmartin-traslada-mocion-demandar-mais-profesorado-colexio-roxos/20181009110802002268.html


© 2018 BNG de Santiago de Compostela

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal