O BNG cuestiona a incriminación da protesta social “porque defender a lingua galega non é delito”

O BNG cuestiona a incriminación da protesta social “porque defender a lingua galega non é delito”

Goretti Sanmartín transmitiulles ás 12 persoas procesadas a solidariedade do BNG e considerou “desproporcionada” a petición da Fiscalía

li

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2014.- Membros da Executiva Nacional do BNG expresaron a súa solidariedade ás portas do Xulgado de Santiago de Compostela coas 12 persoas procesadas por defenderen a lingua galega durante unha mobilización acontecida en 2009, para as que piden 45 anos de cadea e 30.000 euros.

En declaracións aos medios de comunicación, Goretti Sanmartín, da Executiva do BNG, destacou a solidariedade “coas persoas encausadas hoxe por uns feitos acontecidos hai anos e para os que fan unhas peticións esaxeradas e absolutamente desproporcionadas”.

Cuestionou, ademais, o significado da incriminación da protesta social e insistiu, mais unha vez, en que “defender a lingua non é un delito”, porque “o único que estaban a facer estas persoas que son xulgadas foi defender os ataques contra a lingua galega que acometen algúns grupos”.

Por este motivo, expresou a “solidariedade total do BNG coas persoas encausadas, non á incriminación da protesta social e insistencia no que consideramos unha desproporción total a uns feitos acontecidos hai cinco anos, cando neste momento as persoas xa non deberían ter que pasar polos xulgados por defenderen a nosa lingua”, engadiu Goretti Sanmartín.

Entre as persoas da formación nacionalista que se congregaron para brindar o seu apoio están Bieito Lobeira, Néstor Rego, Alba Nogueira, Luciano Sobral, Alberte Mera e Elvira Cienfuegos. Nas redes sociais foron moitas as persoas que usaron a etiqueta #8f45anos para amosaren a súa solidariedade con quen defende a lingua galega.

O BNG cuestiona a incriminación da protesta social “porque defender a lingua galega non é delito”