O BNG advirte que o contrato “a dedo” para o asfaltado é “contrario a dereito e á ética”

O BNG advirte que o contrato “a dedo” para o asfaltado é “contrario a dereito e á ética”

A mesma empresa ofertou con anterioridade unha baixa do 20% sobre o prezo de licitación e no contrato a dedo por 440.000 euros tan só do 10%

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2016.- “A adxudicación a dedo dun contrato por importe de 440.000 euros para asfaltado de fochancas e manter a xestión dos centros socioculturais tamén a dedo e sen contrato son mostras do que o BNG leva denunciando estes días: por un lado a hipocrisía do Goberno local que cunha man presenta a ordenanza da transparencia e coa outra actúa de xeito opaco e vulnera a lei de contratos no relativo á transparencia, publicidade e libre concorrencia”, afirmou Rubén Cela en rolda de prensa.

“Este contrato é contrario a dereito, eticamente inadmisíbel e ademais é un prexuízo para a veciñanza”, engadiu.

Así, afirmou que non é que exista un “mal procedemento”, directamente “non hai procedemento nin reserva de crédito e, posibelmente, se volva a outro recoñecemento extraxudicial de crédito pola porta de atrás”.

Así, explicou que Oviga gañou o contrato por dous anos cun prezo de partida unitario onde rebaixaba o 20%, mais no contrato de emerxencia adxudicado a dedo por 440.000 euros a baixada é tan só do 10%; cando a nova licitación realizada a Eulogio Viñal ten unhas condicións de baixada do 32,5%

Así é todo, afirmou que o asfaltado é prioritario, mais Compostela Aberta “puido facer as cousas ben; se no exercicio anterior acudiu a un modificativo de crédito neste debera sacar unha licitación con todas as garantías”, advertiu.

O BNG advirte que o contrato “a dedo” para o asfaltado é “contrario a dereito e á ética”