Goretti Sanmartín transmite o apoio do BNG á negociación do Concello con Tralusa para que subrogue o persoal da liña de transporte do aeroporto

Concentración de condutores do aeroporto
Concentración de condutores do aeroporto

As sentenzas fundamentan a decisión no Acordo galego de subrogación asinado pola patronal do sector, as centrais sindicais e asumido pola Xunta

Goretti Sanmartín transmite o apoio do BNG á negociación do Concello con Tralusa para que subrogue o persoal da liña de transporte do aeroporto

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2021.-  A portavoz municipal do BNG, Goretti Sanmartín, despois da reunión mantida por parte de portavoces de todos os grupos políticos da Corporación con representantes de condutores da liña de transporte Santiago-Aeroporto-Santiago transmitiu “toda a solidariedade e compromiso de apoiar o que se faga desde o Concello de Santiago para conseguir a súa readmisión en Tralusa, tal e como e indican as sentenzas xudiciais que saíron até o momento”.

“Está probado que hai un despido improcedente e que o ditame desa sentenza é a readmisión dos condutores que nunca deberon de deixar de ter os seus postos de traballo”, afirmou. Estas sentenzas fundamentan a súa decisión no Acordo galego de subrogación asinado pola patronal do sector, as centrais sindicais e asumido pola Consellaría de Mobilidade da Xunta.

“Esa subrogación debe ser inmediata”, indicou Goretti Sanmartín, polo que o BNG transmitiu ao grupo de Goberno o seu apoio para a mediación coa empresa e con intensificar os traballos para conseguilo da maneira máis rápida posíbel. En calquera caso, o Concello de Santiago é responsábel desta concesión, como propietario deste servizo, engadiu.

Nese sentido, avanzou o compromiso conxunto dos grupos municipais de que o Concello vai negociar para conseguir a readmisión das persoas traballadoras, “ademais de procurar as medidas e informes necesarios, baseándose nesa sentenza que é moi clara e que indica que Tralusa ten que volver contratar os condutores que traballaban nesta liña Santiago-Aeroporto-Santiago e que, ademais, coñecen perfectamente o funcionamento deste servizo e que o lóxico é que continuasen e estivesen desde un primeiro momento exercendo elas este labor cando esta concesión pasou da Xunta ao Concello de Santiago de Compostela”.

Goretti Sanmartín transmite o apoio do BNG á negociación do Concello con Tralusa para que subrogue o persoal da liña de transporte do aeroporto