PREVENCIÓN DE INCENDIOS

O BNG propón facer un calendario para rozar espazos públicos, camiños e beirarrúas

Selva Negra
Selva Negra
A Selva Negra, un espazo público municipal, ten os camiños intransitábeis ao estar invadidos de silveiras e toxos
O BNG propón facer un calendario para rozar espazos públicos, camiños e beirarrúas

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2021.-  O grupo municipal do BNG reclámalle ao Goberno local que realice un cronograma de labores de roza de vexetación de cara á prevención de incendios no verán e á eliminación en camiños, beirarrúas e espazos públicos. En concreto, recibiu queixas do mal estado en que se encontra a Selva Negra, un espazo municipal cos camiños cheos de toxos e silveiras que os fan impracticábeis para as persoas que pasean pola zona.

“O Concello de Santiago debe preocuparse de manter en bo estado e con vexetación controlada as zonas públicas, ademais de dar exemplo para que particulares procedan tamén á roza das súas parcelas de cara á prevención de incendios”, explicou Goretti Sanmartín, portavoz municipal do BNG.

Ademais, sinalou que “este labor de mantemento debe ser continuo e pode realizarse en colaboración coas asociacións veciñais que saben onde se detectan os maiores problemas derivados de proliferación de matogueira, de cara a realizar un calendario con actualizacións periódicas para incluír espazos onde sexa preciso reforzar a roza de vexetación durante a primavera e o verán”.

 

O BNG propón facer un calendario para rozar espazos públicos, camiños e beirarrúas