O BNG reproba a vontade do edil de Deportes de intentar despedir, supostamente, unha traballadora
04 feb. 2014 - 23:47
Esixe, unha vez máis, o cese deste concelleiro polo seu comportamento antidemocrático con esta suposta represalia sindical
Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2014.- O grupo municipal do BNG reproba a vontade do concelleiro de Deportes de despedir unha traballadora dun servizo público municipal por motivos sindicais, no caso de confirmarse, tal como aparece nas transcricións de conversas da operación Pokemon, cando fontes da propia empresa recoñecen que era unha boa empregada.
O BNG esixe unha vez máis, a dimisión do concelleiro de Deportes porque, de verificarse este feito reafírmase o seu mal proceder como cargo político e, ademais, o seu comportamento antidemocrático con esta suposta represalia sindical.