O BNG require a dotación de iluminación pública e de servizo de limpeza na urbanización do SUNP-31
16 set. 2014 - 13:42
A licenza de ocupación concedeuse a comezos de ano e aínda non dispoñen destes servizos básicos
Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2014.- O grupo municipal do BNG de Santiago pregúntalle ao Goberno que dirixe Agustín Hernández se ten previsto solucionar os problemas derivados da falta de iluminación pública e de servizo de limpeza na urbanización do SUNP- 31 de San Marcos.
Segundo advirten algúns dos seus residentes, esta urbanización permanece sen iluminación pública nin servizo de limpeza a pesar de contar coa licenza de ocupación dende comezos deste ano 2014.
O BNG pregunta tamén, na mesma iniciativa, cal é o motivo de que se atrase a execución do aval desta urbanización.